Collemos de SermosGaliza:
A ordenanza tambén prohibe ''reunións tumultuosas'' en espazos públicos
Volvendo ao texto que aprobará o Concello da Coruña, substituirá o actual, en vigor desde hai 16 anos, e permitirá a música de ambiente en bares e cafetarías sempre que non se superen os 75 decibelios e non molesten a veciñanza.
Dispón a ordenanza que un pub ou un karaoke --ou un tablao flamenco-- non poderá abrir a menos de 25 metros doutro local dedicado á mesma actividade, distancia que se amplía até os 100 metros no caso dunha discoteca. Prohíbense, así mesmo, as "reunións tumultuosas" en espazos públicos --na rúa, nun parque ou nunha praza, por exemplo-- "en especial consumindo bebidas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario