Revolución e revolta non deberían considerarse equivalentes. A primeira consiste nun trastoque ou cambio das condicións e estado de cousas existente na sociedade, polo que é un acto político ou social. A segunda ten como consecuencia inevitable unha transformación desas condicións, pero non é de ahí de onde emana; ten orixe no descontento dos individuos consigo mesmos, non é unha protesta xeral senón un emerxer de individuos, unha irrupción que non atende a institucións que dela poidan saír.
A revolución ten como obxetivo a consolidación de novas institucións, pero a revolta condúcenos a non deixarnos organizar senón a organizarnos nós mesmxs, sen radiantes esperanzas nas «institucións».A revolta é un combate contra o orden reinante. Se sae adiante, ese orden cae polo seu propio peso. A revolta é senón a difícil extracción do individuo fora dese orden. Se Eu abandono ese orden, xa está morto e comeza a pudrirse. Agora ben, como non é o meu propósito o seu derrocamento senón o meu emerxer ou subvlevación por enriba dél, tampouco as miñas intencións nin os meus actos son políticos ou sociais senón concentrados en Min e na miña singularidade egoístas.
A revolución desencadea e esixe crear institucións para desenvolverse; A revolta, sublevarse ou elevarse sobre elas. ¿Qué constitución elexir?, ese é o asunto que preocupou sempre a todolos revolucionarios; todo o periodo político ferve en problemas e loitas constituíntes e todo o talento social foi sempre moi inxenioso na invención de institucións. Pero sacudirse as constitucións é o esforzo da revolta.
Max Stirner
texto tirado do libro "O único e a súa propiedade"(1844)
20 dic 2013
Sobre revolta e revolución
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario