Difundimos aquí o comunicado do Centro Social Okupado de Palavea en referencia a sentenza xudicial que fixa no día 20 de xaneiro a data límite para abandonar o inmoble:
Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos continuar informando da delicada situación xurídica na que nos atopamos e das últimas novas con respecto ao noso futuro desaloxo. Para iso, facemos público o seguinte comunicado:
Dende a compra do edificio que xestionamos por parte do capital privado para convertilo nun asilo de anciáns (lucrativo negocio para uso e desfrute das élites económicas), a agresiva campaña xurídica despregada polos novos donos acelerou de maneira desmesurada o proceso xudicial: a maiores do proceso penal ao que xa nos enfrontábamos, abriron un novo proceso civil que, a velocidade vertixinosa, acadou xa unha sentenza instando ao noso desaloxo.
Nun proceso enchido de irregularidades, dúas persoas identificadas na okupa fai máis de dous anos e medio están demandadas xunto co “Centro Social Okupado e os seus descoñecidos Okupantes” pola okupación do inmoble. Pese a que esas dúas persoas poden demostrar sen ningún xénero de dúbidas que fai anos que non participan na okupa (e que nin sequera viven na Coruña) o xulgado negouse a admitir ningunha obxección da súa parte por non pagar previamente a exorbitada caución de 70.000 euros que se lles impuxo. Deste xeito, o xuízo, tras dunha curta suspensión temporal, celebrouse sen que os avogados dxs acusadxs estivesen sequera presentes, nunha flagrante vulneración do máis elemental dereito á defensa. O fallo, dictado o día seguinte de tan vergoñenta farsa xurídica, fixa o vindeiro 19 de xaneiro como data límite para o abandono da finca por parte dxs acusadxs. Se a marcha dxs okupantes non se efectúa nese prazo, fixarase a data do lanzamento (desaloxo xudicial nos procesos civís) nos seguintes días. O fallo recurriuse no xulgado, pero en vistas do curso dos acontecementos, non temos moitas esperanzas de que poida prosperar.
A xustiza sempre estivo do lado do capital, pois a súa función non é outra que a de protexelo. Manter os privilexios dxs de arriba e a sumisión dxs de abaixo e, aínda por riba, facelo en nome da igualdade e a imparcialidade. Nós nunca crimos neles así que agora non nos sorprenden. Continuaremos a loita e a resistencia a pé de rúa, que as tribunas e os despachos nunca foron o noso medio. Pedimos xs rebeldes e xs solidarixs que continúen atentxs das vindeiras convocatorias pois:
O C.S.O. PALAVEA NON SE DESALOXA!!
CONTRA A ESPECULACIÓN E O CAPITAL, OKUPA E RESISTE!!!!!
Blog do C.S.O. Palavea -Aquí.
O comunicado fixéronnolo chegar dende a asamblea da okupa.
As imaxes corresponden a "Bicicletada Solidaria co C.S.O.Palavea" do pasado 14 de decembro.
26 dic 2013
Sentenza xudicial pedindo o desaloxo do C.S.O. Palavea (A Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario