Chegou ao noso correo dende a plataforma ECOAR de Vigo, este artigo de opinión sobre a represión violenta contra activistas pacífistas en Rusia e do papel colaboracionista que xogan os medios na criminalización da disidencia.
A represión da protesta pacífica
Xs 30, como son xa coñecidxs pola comunidade internacional, foron acusadxs polas autoridades rusas do único delito que permite deter e poñer en prisión a persoas interpeladas en augas internacionais: a piratería (un delito penado con ata 15 anos de cárcere). A pesar do compromiso do Comité de Investigación ruso de reemprazar os cargos de piratería por vandalismo (o que suporía unha pena máxima de sete anos), a día de hoxe os cargos de piratería non foron retirados: moi ao contrario, a estes cargos sumáronse os de vandalismo, o que implica que xs activistas sexan agora acusados de dous delitos, o que pode supoñer unha pena de entre 7 e 15 anos de cárcere, segundo Greenpeace. En calquera caso, e aínda que o compromiso do Comité fose cumprido, son varias as organizacións internacionais que consideran inxusto e ridículo procesar a unha persoa por participar nunha protesta pacífica.
Nesta última semana, e sen ningún tipo de explicación por parte da xustiza rusa, xs activistas foron trasladadxs dun centro de detención de Murmansk a unha prisión de San Petersburgo, o que permitirá que familiares e responsables consulares poidan acceder xs detidxs con máis facilidade, se ben o cambio non garante que as condicións deste novo centro sexan mellores. De feito, nos últimos días foron publicadas varias cartas escritas polxs activistas nas que describen situacións de semi-illamento ou baixas temperaturas, entre outras.
Nun mundo no que a corrupción política, os recortes ás liberdades públicas ou as vulneracións de dereitos humanos gozan de impunidade, non pode deixar de sorprendernos que unha trintena de persoas sexan detidas e tratadas coma se fosen temibles delincuentes por levar a cabo unha actividade da que todxs deberíamos tomar exemplo: defender de xeito crítico, pacífico e respectuoso o medio ambiente, un espazo común a conservar como fonte de vida e orixe de todo o que somos e coñecemos. No seu lugar, o capitalismo segue a facer negocio co legado dxs nosxs antepasadxs e herdanza de xeracións futuras, apropiándose da natureza como ferramenta (unha máis) de enriquecimento dunxs poucxs en detrimento dunxs moitxs.
Moita culpa disto teñen os propios medios de comunicación de masas, inmersos nun proceso de desinformación á cidadanía que, se ben emprega canles e estratexias distintas, non é moi diferente do modelo de censura que normalmente identificamos cos sistemas ditatoriais. Se antigamente a censura consistía en algo tan simple como a omisión de determinadas informacións, hoxe é o exceso de información (manipulada, non contrastada, homoxénea) un dos principais cómplices de que pechemos os ollos ante os abusos do sistema capitalista e as tropelías da elite política e económica.
É o apoio dos medios de comunicación e o conseguinte descoñecemento (ou falta de posicionamento) dunha parte importante da comunidade internacional o que permite que hoxe a Federación Rusa, da man de Putin, siga sendo un reduto ditatorial no que o exercicio dos dereitos humanos por parte da cidadanía semella unha quimera para millóns de persoas, que ven como toda voz disidente é silenciada a golpe de castigo.
O dxs 30 de Greenpeace é o máis recente, pero temos aínda quente na memoria o caso das Pussy Riot, o colectivo de punk-rock feminista acusado de vandalismo no 2012 por protestar contra a reelección de Vladimir Putin, e que padece aínda hoxe, despois de case dous anos (cumpriranse o vindeiro mes de febreiro) as terribles consecuencias que supón non comungar coa política do actual presidente da Federación Rusa, demostrando un erradísimo (e evidentemente interesado) enfoque do activismo que equipara a activistas e terroristas, metendo a ambxs nun mesmo saco que permite xustificar a represión violenta e desproporcionada a mans do Estado coa escusa do “todo vale con esta xente”.
Sen embargo, e a pesar de que estas demostracións de forza bruta semellan cada vez máis unha constante, o activismo cobra cada día máis forza en Rusia, demostrando que a cidadanía non está disposta a aturar máis esa política do medo que pretende evitar a visibilización de boa parte das problemáticas que as políticas vixentes están causando. Esta capacidade para sobrepoñerse e seguir adiante coa denuncia dos abusos e vulneracións de dereitos demostra que a represión está lonxe de contar co poder disuasorio que o sistema lle atribúe: está conseguinto exactamente o efecto contrario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario