Estes días os medios daban conta do funesto desenlace dunha persoa con orixe armenio que apareceu aforcado e morto na súa cela do CIE, todos os medios daban por seguro o seu suicidio, agás os alternativos que sospeitaban que algo extraño tiña que ter sucedido para que este home, Aramis Manukyan, de só 32 anos e con unha filla de 7 decidira por conta propia acabar con a súa vida.
Segundo as fontes consultadas, antes de morrer, Alik recibiu golpes por parte dos axentes policiais e deseguido, foi internado nunha cela de illamento, dende a que tería estado a berrar durante horas, antes de que sucedese o tráxico desenlace.
Estanse a realizar xestións para comunicar ao Xulgado ao que ao parecer foi asignada a investigación deste caso, así como aos Xulgados de Control de CIE's, para que coa maior urxencia, soliciten as imaxes das cámaras de seguridade e suspendan as eventuais expulsións dos internos que poidan ter información relevante. Igualmente, séguese traballando para solicitar máis datos, a pesar da opacidade que impera nestes centros.
Esiximos que se leve a cabo unha investigación xudicial rápida, imparcial e profunda sobre o resultado de morte de Alik sucedida no CIE da Zona Franca a madrugada do pasado 3 de decembro.
Convocamos unha concentración para denunciar a morte de Alik diante da comisaría da Policía Nacional de Vía Layetana o próximo luns 9 de Decembro ás 19:30h.
Xustiza para Alik.
Asociación Armenia Ararat
Campaña Tanquem els CIE
Rereguarda En Moviment
No hay comentarios:
Publicar un comentario