Damos pulo ao correo que recibimos ao respeito da opinión de Francisco (detido polo "caso bombas á española") e tambén à convocatoria internacional de solidariedade con as cinco detidas en Barcelona prevista para a semana do 16 ao 22 de decembro:
Como anarquistas estamos en permanente confrontación contra o Estado/Capital en todas as súas manifestacións, isto é unha obviedade. Non obstante en ocasións, especialmente cando o poder se deixa caer con toda a súa brutalidade, as miradas confúndense dando pasos a posicionamentos ambiguos e confusos. Creo necesario manter a coherencia e non dar lugar a discursos e prácticas victimistas e derrotistas. Quizais por momentos debamos dar un paso atrás, pero sempre para avanzar cinco no incitante camiño de incerteza pola liberación total.
Un forte abrazo a todos os presos anarquistas encerrados nos cárceres do mundo, especialmente a Juan Aliste, Marcelo Villarroel e José Miguel Sánchez cos cales tiven a oportunidade de compartir experiencias no interior dos cárceres.
Sen certeza do que virá pero sen vacilacións contra o poder
Pola Anarquía...
FRANCISCO SOLAR
......................................
O chamado de Solidariedade Internacional con xs 5 anarquistas de Barcelona será na semana do 16 ao 22 de decembro, pola liberdade de Mónica e Cariñoso!
O texto que acompaña esta convocatoria xá fora publicado neste blogue de Abordaxe con o título "Tod@s somos Mateo Morral" (ler acá)
Para escreber as compas:
• Mónica Andrea Caballero Sepúlveda
CP Madrid VII Estremera
Crta. M-241 km 5,750
28595 Madrid - Espanha
• Francisco Javier Solar Dominguez
CP Madrid IV Navalcarnero
Crta N-V km 27,7
28600 Madrid – Espanha
No hay comentarios:
Publicar un comentario