O colectivo antimilitarista "Utopía Contagiosa" ven de presentar o seu informe: "Deuda militar, deuda ilegítima, deuda odiosa" realizado en colaboración con outros colectivos como o Grup Antimilitarista Tortuga, a "Plataforma Auditoría Ciudadana de la Deuda" (PACD) e "Ecologistas en Acción". Para iso, foi necesario investigar en diferentes partidas, programas e orzamentos, á vista de que a débeda militar española ten unha composición extremadamente complexa.
Dos cálculos extráese que a débeda militar de 2013 será exactamente de 5.592,48 millóns de euros. Desta suma, un total de 1.441,46 millóns corresponden a débeda extraordinaria, é dicir, a orixinada polos créditos especiais que outorga o Estado para financiar programas de compra de armamentos e intervencións militares no exterior.
Trátase dun "gasto militar disfrazado, concédense créditos extraordinarios para sufragar gastos que en moitos casos xa estaban previstos en contratos". "É diñeiro comprometido que non aparece nos orzamentos xerais porque queda mal dicir que non hai diñeiro para partidas sociais mentres se paga á industria armamentística". "É claramente unha débeda ilexítima, véndennos unha pretendida austeridade mentres solucionan pola porta de atrás o gasto militar".
O restante da débeda militar corresponde a xuros e a débeda ordinaria, que tamén "esconde" sorpresas. E é que se reparte en partidas de trece Ministerios, e non só no de Defensa, como cabería esperar. Menos de catro de cada 10 euros de gasto militar aparecen nas contas da carteira de defensa, segundo o informe.
Asín a maior parte do desembolso destinado a cuestións militares permanece oculto. "O 78% do gasto militar está escondido". Ademais hai partidas opacas, principalmente, nas contas de Interior –Guarda Civil, contribución a organismos internacionais, etc–, Industria –I+D militar, apoio tecnolóxico ao sector da defensa–, e Facenda, que aportará 123 millóns de euros en 2014 para compensar as perdas das empresas navais adicadas a proxectos militares.
Pero colocar en ministerios e organismos alleos a Defensa gasto militar non é a única táctica dos sucesivos gobernos para financiar de forma indirecta estas partidas, e así cada ano son aprobados en Consello de Ministros créditos extraordinarios finalistas destinados a facer fronte a gastos militares infrafinanciados aposta nos Presupostos Xerais do Estado: "Semella unha maniobra deliberada". Entre 2002 e setembro de 2013, Defensa obtivo mediante créditos extraordinarios doutros ministerios 15.500 millóns; noutras palabras, de cada 100 euros que gasta Defensa, 17 se lle otorgan por esta vía rápida e allea a trámite parlamentario.
Os cálculos de 2013 confirman que "segue a tendencia de falta de transparencia e portas xiratorias de todos os partidos que pasaron polo Goberno". Desde 2002 a 2012, os créditos extraordinarios ascenderon a perto de 14.000 millóns de euros. Non é un sobrecusto fortuíto.
A tónica continúa en 2014. O Proxecto de Orzamento para o próximo ano prevé un gasto en Defensa de 5.745,77 millóns de euros. En cambio, á Promoción de Emprego destinaranse 4.073,52 millóns e a Educación 2.150,05 millóns. A débeda militar, ademais de insustentábel pola súa magnitude, resulta altamente insolidaria no actual contexto de crise, pero ademais desmente que non haxa diñeiro para políticas sociais.
Finalmente, o texto abre o debate sobre a posibilidade de considerar esta déveda "ilexítima" ou "odiosa". "De ser así a cidadanía tería a lexitimidade para reivindicar non só o seu non pagamento, senón que, ademais, podería solicitar responsabilidades políticas e penais" que segundo os autores é unha posibilidade viable: "Hai que negarse a pagala e os responsabeis deben responder. Agora meten a man no saco e vanse de rositas"
eDu redactado segundo información dos colectivos participantes no informe
13 dic 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario