Recollemos de "Rebelión de las Palabras" esta noticia elaborada coa información enviada e comunicada por compas de Madrid e tamén co encontrado en ContraInfo.
Como xa se difundiu neste blog, 17 persoas foron detidas o pasado 28 de novembro en Madrid, en relación ao asalto que un grupo de compañeirxs, ao rematar a contramanifestación antifascista organizada na área de Ciuidad Universitaria con motivo da data do 20-N e que concluíu ao berro de "Fora fascistas da universidade!" fronte á facultade de dereito (a cal converteuse nun dos principais focos de movementos estudantís fascistas na cidade), levaron a cabo contra o local dunha asociación estudantil ultradereitista no interior desta mesma facultade, en resposta a unha serie de provocacións previas do fascismo no ámbito universitario (como o que sucedeu o pasado día 4 de novembro cando, segundo eles en resposta polo axustizamento dos dous neonazis membros de Mencer Dourado en Grecia, un grupo de membros de "Liga Joven" entraron na facultade de historia do mesmo complexo universitario madrileño e golpearon a varixs estudantes mentres arrancaban carteis e pancartas doutros movementos sociais e ameazaban con vingar aos seus compañeiros gregos) e pancartas desta asociación onde deixaban ben clariña a súa inclinación fascista (aínda que tras o ataque se esforzasen en negala e ocultala, demostrando a súa covardía e o pouco valor que dan ás súas conviccións, negándoas á primeira de cambio para quedar ben) e ao lento pero visible ascenso que a ultradereita e os grupos neonazis camuflados de "inofensivos sindicatos estudantís" como "Liga Joven" (secc. estudantil do MSR, "Movimiento Social Republicano") ou "Respuesta Estudiantil" (ídem pero do ámbito casposo de Deficiencia Neuronal, digooo... de "Democracia Nacional") están experimentando nas facultades de Madrid e doutras zonas do Estado español. Tras o ataque ao seu local e a "benvida" que xs compas lles deron, xs fascistas fóronse dereitiños a comisaría a ver os seus papás madeiros para denunciar o ataque.
A estas detencións do xoves, finalmente 19 (2 máis das que apontaramos), temos que sumar tanto as acontecidas o mesmo día no contexto da concentración de solidariedade con xs detidxs realizada fronte á comisaría de Moratalaz onde lles mantiñan encirradxs (tras identificar a todo o mundo a concentración foi disolta con varias cargas policiais que se saldaron con 11 detidxs que pasaron a noite en calabozo e foron liberadxs ao día seguinte) como a que se produciu o venres, cando foi arrestado un compañeiro máis.
As 19 persoas detidas o xoves foron postas en liberdade con cargos ao día seguinte, venres, a altas horas da tarde, tras pasar a disposición xudicial nos xulgados de "Plaza de Castilla", e recibidas na rúa por solidarixs que lles mostraron o seu apoio e calor humana e que chegara á zona nunha manifestación que partiu da rúa "Génova", onde se encontra a fortaleza do PP en Madrid. En canto ao compa restante trincado o venres, seguía detido e descoñezo se a estas alturas o terán soltado xa. Hoxe, domingo 1 de decembro, realizouse unha concentración solidaria en Tirso de Molina, aproveitando o rastro de postos de material anticapitalista e antiautoritario que cada domingo pola mañá se monta nesta emblemática praza.
Recordemos que, malia encontrarse sans e na rúa, xs compas aínda teñen cargos contra elxs. Acúsaselles de delitos contra o exercicio dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, con agravante por actuar con odio ideolóxico, lesións e danos. Eu, sen esperar nada das institucións do Estado, pregúntome non obstante se non lles parece fomentar a violación sistemática de dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas o continuar legalizando e protexendo aos grupos que pretenden devolvernos á etapa franquista.
Este operativo da brigada de información e comandado por Cristina Cifuentes (Cristi-Nazifuentes) ten como obxectivo continuar a política represiva para cos movementos contestatarios da capital e os seus arredores, protexendo ao fascismo e intimidando, mediante detencións e abusos exemplificantes, aos que se atrevan a cuestionar a orde socioeconómica dominante e do cal democracia e fascismo son os dous eixes principais. Non obstante, só conseguen que aumente a rabia e esa é a mellor forma de facilitarnos enfrontar o noso medo e encontrar as forzas para seguir arrepor vos en Madrid e en calquera outra parte.
Ao fascismo non se lle discute nin se lle contra-argumenta, combáteselle e destrúeselle!
Solidariedade con todxs xs detidxs por loitar!
Deixamos para pechar a noticia un vídeo do momento en que xs compañeirxs saen do edificio dos xulgados en Praza de Castela:
2 dic 2013
Máis información sobre xs detidxs en Madrid pola acción antifascista do 20-N.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario