3 dic 2013
Kaso Aparte nos "Clásicos Populares" de Abordaxe
KASO APARTE fórmase no ano 2005 en terras de Dozón despois da disolución de Redimir al Redentor, grupo no que tocaban varios dos actuais compoñentes. Contan con un disco no seu haber Bienvenid@s a la realidad (2007)
Na actualidade o son do grupo deu un pequeno xiro de estilo cara novos horizontes, promovido en gran parte polas inquedanzas de buscar novos sons menos estereotipados dentro do punk e pola presencia do seu novo batería cunha ampla bagaxe noutros estilos mais potentes. Percíbense tintes de hardcore melódico mesturado coa esencia do punk máis clásico. A día de hoxe continúan a dar concertos e preparar novos traballos. Nesta entrega de Clásicos Populares traemos a súa canción Pajarico.
Se Radio Nazional de E$paña ten os seus "Clásicos Populares", nós non podiamos ficar sen aportar o noso grao de area á escena músical antiautoritaria do terruño galego. De cando en vez difundiremos esas cancións que dalgunha maneira forman parte desa banda sonora da guerra social made in Galiza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
contacto dos Kaso Aparte: kasoapartepunk@gmail.com
ResponderEliminarjeje