Reproducimos o contido dun mail chegado ao nosos correo:
Boas, contactamos para informar dunha Xornada contra-informativa que se vai realizar o sábado 14 de decembro no Centro Social Fuscalho (fronte á atalaia) en A Guarda.
Ás 14:00 haberá un xantar vegano en solidariedade coas persoas presas
Ás 18:00 realizaranse unha serie de proxeccións como introducción ao tema contrainformativo, que continuará cun debate/coloquio no cal contaremos coa presenza de compañeiros das radios livres “Piratona” e “Kalimera”, da web contrainformativa “A rebelión das palabras” e do xornal “Novas da Galiza”, xa que nos parece interesante contar coa presenza dalgúns proxectos de contrainformación que poidan aportar visións e experiencias que axuden a nutrilo debate de maior dinamismo e contido, aportar ideas e posibilidades para mellorala labor contrainformativa e crear novas espazos e proxectos e sobre todo analizala situación contrainformativa (contratempos á hora de levar adiante un medio de contrainformación, dificultades para competir noutros medios moito máis custosos coma poden ser o cine ou a televisión, importancia dos medios a nivel local e o seu alcance, recursos para abrirse camino entre a saturación de información e a manipulación informativa, posibilidade de encerrarse no ghetto informativo, defensa contra os ataques e presións dirixidas dende o poder, …) sempre botando man da necesaria autocrítica.
¿Qué papel xoga realmente a contrainformación? ¿Pode un medio contra-informativo chegar a adoptar vicios de funcionamento coma o control da información? ¿Podemos competir no terreo da información? ¿Pódese melloralo alcance da contra-información ou será preciso reinventala por completo?
Con esta xornada tentaremos respostar estas e outras cuestións que xordan durante o desenvolvemento da mesma.
Animadevos a acudir e difundir esta iniciativa.
4 dic 2013
Xornada contra-informativa (A Guarda)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario