3 dic 2013

[Lugo] Domingo 8 as 18:00' - Presentación do libro ""En cualquier caso nngún remordimiento" no Ateneo Libertario A Engranaxe


Vida e obra do anarquista Jules Bonnot, enemigo público nº 1 na Francia de inicios do século XX. Presentación do libro a cargo da editorial Hoja de Lata de Xixón.

"Tiña o dereito de vivir aquela felicidade. Non mo concedestes. E entón foi peor para min, peor para vós, peor para todos... Debería lamentar o que fixen? Quizais. Pero non teño remordementos. Arrepentimentos, si; pero en calquera caso ningún remordemento..."

Así escribe no seu testamento Jules Bonnot, o 28 de abril de 1912, antes de que un enorme cerco policial poña fin á vida do inimigo público número un de Francia.

Chofer de sir Arthur Conan Doyle, atracador de bancos, sindicalista, anarquista, apaixonado dos motores e das armas, Bonnot deu nome á célebre banda que, a bordo dun dos primeiros automóbiles da época, declarou a guerra á sociedade burguesa, mentres os seus golpes eran aplaudidos polas clases populares parisienses. Tras un exhaustivo traballo de documentación, Pino Cacucci reescribe en forma de novela negra a apaixonante vida deste singular personaxe que, hoxe en día, aínda pervive na memoria colectiva francesa como arquetipo do rebelde romántico.

"Na biblioteca dos meus libros máis belos reservo un espazo para esta pequena obra mestra. A historia dun neno, un home que intentou e volveu intentar facer algo na vida, e facelo ben. Pero ás veces veste obrigado a non agachar a cabeza. Grazas, Pino, a confrontación coa realidade é sempre urticante". Dario Capuzzelli, La Repubblica

No hay comentarios:

Publicar un comentario