Colamos de Contra-Info
A pesar da súa longa estanza no cárcere, Spyros contaba co beneficio de saída de prisión só dende hai 2 anos. Entre o 2008 e o 2010, impuxéronlle a prisión preventiva á espera de xuízo pola revolta de 2007 que estalou en varias prisións gregas tras a malleira dun preso anarquista (Yannis Dimitrakis) ás mans dos carcereiros. Isto derivou nos repentinos rexeitamentos ás súas solicitudes de permisos de saída, ao igual que un sen fin de horas de illamento, por consideralo as autoridades penitenciarias un preso perigoso.
En xullo de 2012, despregouse unha operación organizada pola xefatura de policía da cidade de Tesalónica, entrando a saco en vivendas, ateneos e okupas, detendo e perseguindo decenas de compas, acusadxs de pertenza á suposta "organización criminal de Ateneos de Tesalónica". O enorme arquivo xudicial baséase exclusivamente en interceptacións de chamadas telefónicas.
Case un ano despois, en abril de 2013, o compa Spyros Stratoulis foi chamado a declarar ante o fiscal por este caso. O seu procesamento baséase en murmurios telefónicos de terceirxs.
A pesar do feito de que non lle impuxeron a prisión preventiva nin condicións restritivas por este caso, aplicáronlle de xeito automático o parágrafo do artigo 55 do código penal, segundo o que está pendente o xuízo por un delito maior. Mediante a aplicación deste parágrafo, non só quitáronlle os permisos de saída que tiña de xeito periódico e que conseguiu coa súa loita, senón tamén bloqueáronlle o dereito de solicitude de suspensión da pena que podería ter presentado en setembro (liberdade condicional), e seguirá en prisión á espera de xuízo. Isto significa que hai unha gran posibilidade de que sexa obrigado a cumprir o límite máximo de encerro, é dicir 25 anos, esperando a que o caso vaia a xuízo.
Spyros leva en folga de fame dende o luns, 11 de novembro de 2013. Deste xeito, esixe o cesamento inmediato de todos os procesamentos antes mencionados e reclama a absolución dos cargos para que lle restitúan os permisos de saída.
Como mostra en solidariedade coa loita de Spyros comezaron unha folga de fame o anarquista Rami Syrianos, dende o 21 de novembro, preso no cárcere de Domokos e, dende o 25 de novembro Ergün Mustafa e Michalis Ramadanoglou, presos nos cárceres de Malandrino e Grevena, respectivamente.
A militancia e a ética que mostrou o compa todos estes anos non pode facernos máis que manternos ao seu lado en cada súa loita pola dignidade e a liberdade.
Non deixemos a ninguén só en mans do Estado
Restitución inmediata dos permisos de saída
Cesamento do procesamento no seu contra
Iniciativa anarquista polo folguista de fame Spyros Stratoulis
Ndt: Dende o 27 de novembro, 22 presos do módulo 2 da prisión de Larisa, así como 13 presxs da á B1 do cárcere de Grevena, abstéñense da comida da prisión en solidariedade cos 4 folguistas de fame, Spyros Stratoulis, Rami Syrianos, Ergün Mustafa e Michalis Ramadanoglou. Publicáronse numerosos textos e houbo xestos en solidariedade coa loita de Spyros Stratoulis. Mentres tanto, xs solidarixs informan de que o preso Spyros Stratoulis foi trasladado ao hospital que se atopa nos arredores da cidade de Larisa o 2 de decembro e, ao día seguinte, foi devolto á prisión de Larisa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario