Colamos de ContraInfo e da Agencia Autonoma de Comunicación "Subversiones":
"Non penso darlles o gusto de que me deixen morrer aquí".
En 5 de decembro, en conferencia de prensa, os familiares de Mario González confirmaron que o día 3 o compa decidiu dar por terminada a súa folga de fame que durante 56 días mantivera para exixer a súa liberación. O compa estaba a piques de entrar nun ponto no que os danos ao seu organismo poderían ter sido irreversibles. Mario está aínda hospitalizado na torre médica do reclusorio femenino de Tepepan.
Neste video sae a compañeira de Mario, Nuria Ramírez, lendo o seu comunicado de abandono da folga tras 56 días, e o médico que o atendeu nos días da folga falando da saude de Mario.
Se ben a folga rematou, é necesario que a solidariedade continúe manifestándose.
Ademais publicamos este Comunicado de accións na súa solidaredade asinado pola Coordinadra Informal Celulas Autónomas de Revolución Inmediata – Praxedis G. Guerrero:
A todxs xs refractarixs en México e o Mundo!
As compañeirxs de afinidade!
As que loitan pola liberdade!
É o momento en que volve pasar!
Ás vésperas! as vésperas!
"Pola noite non dá o remato e non coñece a misericordia".-Luigi Galleani
Compañeirxs a noite do 2 de Decembro, dous núcleos participantes da Coordinadora Informal detonamos artefactos explosivos nas seguintes estruturas do Capitalismo e o Estado:
-Na cabina dun autobús do corpo de granadeiros do DF. A bomba explotou causando danos ao camión.
-Nunha sucursal do banco Banamex, na colonia Pedregal de Santo Domingo, causando danos á infraestrutura.
Estes ataques ás estruturas do poder, reivindicámolos solidarios coa loita que o compañeiro Mario González está a librar en contra da destrución da súa individualidade mediante a prisión. O compañeiro levando xa 57 días en folga de fame como forma de presión para a súa excarceración; o seu estado de saúde deteriórase e como este o menciona, á autoridade non lle importa; é mais pensamos que isto que el vive é unha lección de parte do GDF para quen se atreva novamente a protestar con métodos non aceptables pola lei. Nos non podemos quedarnos cos brazos cruzados ante esta infamia, nin tampouco podemos deixar pasar por alto a loita que o compañeiro esta librando nos alxubes do sistema. Decidimos actuar, ao modo que sabemos, ao modo que preferimos, sabendo e sostendo que calquer xesto de solidariedade é sempre necesario para transmitir forza e mais coraxe ao compañeiro Mario, e a calquera compañeirx que este en condicións de fuga ou cárcere.
Estes ataques, son tamén a nosa resposta ofensiva ante a ofensiva que o goberno está a lanzar contra o espectro anarquista: intimidación, cacheos en domicilios, fustrigamentos, seguimentos, vixilancia, golpes, tortura, etc. E cremos con firmeza que a resposta é necesaria e diversa, de día ou de noite, individualmente ou en colectividade, con ou sen reivindicación, con ou sen núcleo asinante, con molotov, pedras, machetes, armas, propaganda ou explosivos; unha resposta fera contra unha besta que nos toca pouco a pouco e cada vez mais.
Solidariedade con xs compañeirxs prisioneirxs en México e no Mundo!
Solidariedade con o compañeiro Mario González… Estamos contigo ata o final!
Polo conflicto!
Pola anarquía!
COORDINADORA INFORMAL:
CELULAS AUTONOMAS DE REVOLUCION INMEDIATA – PRAXEDIS G. GUERRERO (CARI-PGG)
Pdt: CARI-PGG somos núcleos coordinados que vimos actuando dende o 2008 sen emitir reivindicación ningunha das nosas accións e non foi ata setembro do 2009 que apareceu a reivindicación cunha acción a unha empresa de automóbiles Renault preto do aeroporto, reivindicación que utilizamos para reclamar a nosa absoluta autoría dende ese momento e ata o día de hoxe. Non mantemos unha idea vangardista e moito menos militarista, somos grupos de acción anarquista e baseámonos na informalidade; en moitas ocasións cuestionámonos a utilización de siglas pero chegamos á conclusión de que só son necesarias como parte dunha estratexia e nada máis. Non pretendemos levar a ninguén á insurrección -esas son espontaneas e colectivas, asumimos o conflito en primeira persoa.
.............................................
Máis información sobre o caso de Mario González en Abordaxe por orden cronolóxico:
27/11/2013 - A xuíza nega por segunda vez a liberdade vixiada Mario González, compa anarquista que leva 49 dias en folga de fame.
28/11/2013 - Solidariedade para con Mario González García, 50 días en folga de fame.
02/12/2013 - Novo comunicado de Mario González, preso anarquista em greve de fome e Comunicado do "Plantom Solidário".
Máis información sobre o caso de Mario González no seu blogue solidario.
9 dic 2013
[México] Mario González abandona a súa folga de fame. Comunicados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario