Ainda que esta analise de Gabriel xa foi escrito en Outubro, non é ata agora que a recebemos e publicamos:
Aos meus amigxs, irmans e/ou compañeirxs
Aínda recordo coma se fora onte mesmo o día que por fin!!, abandonei (expulsado) ese frio sepúlcro aséptico e hermético que foi a prisión de máxima seguridade de Aquisgrán (Aachen) en Alemania... O 16 de Xaneiro (2013) cheguei ao Aeroporto de Barajas (Madrid) escoltado pola Interpol; e de alí conducíronme aos Xulgados de "Plaza Castilla"; non sen antes ter sido fotografado (con especial interese no meu peito pois esperaban, en van, encontrar tatuado o acrónimo da FAI/FRI), "tocado o piano" (sacar pegadas dixitais) para asegurarse de que, efectivamente, era eu... Debo dicir que debería ter abandonado Alemania en decembro ou novembro; pero isto se vira repentinamente "bloqueado" dado que a República de Italia interpuxera unha "OEDE" ante a Bundesanwaltschaft de Karlsruhe coa intención de extraditarme polo relativo á "Operación Ousadia". Por "fortuna" (ou polo feito de ser xuridicamente "cidadán español", reclamado por unha OEDE presentada con anterioridade por este pais) os "Digos" italiotas tiveron que "quedarse coas ganas" (momentaneamente... ), cando o alto Tribunal alemán (trás varias "xestións" xurídico-policiais) decidiu que as "acusacións indiciarias" vertidas contra a miña persoa polo R.O.S eran (e son) insuficientes como para concederlle á República italiana a miña extradición.
Así pois tiven a fortuna de aforrar coñecer o "Bel Paese" a través das súas prisións e sistema Xurídico... "Inxenuamente" cría que, finalmente, "me quitara de enriba" aos Digosos coas súas delirantes acusacións e podía acabar de "saldar" o resto do meu secuestro legal neste pais...
Resúltame imposible plasmar nunhas follas de papel todas as impresións-ideas-emocións que sentín cando deixei atrás a prisión de Aachen e Alemania no seu conxunto... Trás oito anos e medio "sepultado vivo" neste pais (23 horas ao día encerrado nunha cela e unha hora de patio diaria) por negarme a desempeñar "traballos forzados" e poñerme o uniforme de presidiario (ademais de haberseme roubado e sabotado sistematicamente a miña correspondencia: co cal fóronme quitando as ganas de escribir de xeito gradual nos ultimos anos... ) cría que "o peor" quedaba definitivamente atrás... Finalmente ingresei na Prisión de "Soto del Real" sobre a media noite. Cal non seria a miña sorpresa cando constato CANTO cambiaran "as cousas" nestes case 10 anos de "ausencia" ( Exilio?) forzosa dos cárceres hispánicos!
Fiquei estupefácto ao constatar/ver que os propios presos (verdadeiros auxiliares de carcereiros) se encargaban de rexistrar as miñas pertenzas xunto cos carcereiros. Esta primeira impresión foi unha dura mazada moral para min.
Sorprendentemente (xa que eu contaba con ser clasificado en 1 er grao e incluído en FIES nada máis chegar...) ao día seguinte recíbenme o director e subdirector da devandita prisión para comentarme/decirme que lles chamaran da mesma "D.G.I.P" (literalmente dixéronme que cando "os xefes" viron o meu nome encenderonse as "luces vermellas") para que me preguntasen "con que intencións regresaba". Con ironía respondi que as intencións miñas sempre foron (e serán) as mesmas: conquistar a miña liberdade... Se me notifica que cumpriría a "miña" condena (isto logo notifícaseme nun documento que se denomina "Liquidación de Condenas") o 10-4 do 2015... e ademais que permanecería en 2º Grado e trasladaríaseme á miña terra na maior brevidade posible...
Que vos vou contar? Á fin "parecía" que despois de mais de 28 anos de Prisión "só" debía esperar "apenas" un par de anos para poder gozar da miña ansiada liberdade.
Apartado, Aillado, Segregado durante os últimos anos de secuestro en Alemania, TODO o que ía vendo-escoitando-sentindo era sinxelamente alucinante... Foi unha "sobredose" auditiva-visual-sensorial-emocional indescritible... En certo sentido (e en comparación ao sufrido en Alemania) xa me sentia "medio libre" e estaba a aprender de novo a "aclararme con isto de verme superado polo meu "novo" ámbito; con "tanta xente", con tantas horas de patio, con tantas cores e as "fermosas vistas" á Serra de Navalcernada... O "único" negativo foi constatar que os carcereiros se fixeran cos patios e a maioría dos presos se volveran xestores da súa propia prisión, ademais de "auxiliares de carcereiros"... Obviamente fun conducido a un módulo de "conflitivos" e alí (Módulo 5) pretenderon os carcereiros que compartira cela con outro preso... Dado que me neguei en rotundo a "compartir cela" con preso ningún fun conducido ao Departamento de Illamento o 17 de Xaneiro pola noite... e ademais sancionáronme con dúas faltas "moi graves" por (segundo eles) "ameazar con golpear o preso co cal pretendían que convivise" e "negarme e resistirme a obedecer" as ordes dos carcereiros.
Despois dun día en illamento, o 18 de Xaneiro vólvenme regresar ao Módulo 5 e esta vez danme unha cela para min só... Non obstante o 30 de Xaneiro notifícaseme que quedo incluído no FIES-5 (Características Especiais). Isto tomeino con certo sentido do humor; polo menos (dixenme a min mesmo) non terei que buscarme máis "sancións disciplinarias" polo tema de "compartir cela" con alguén... Bo... agora só esperaba que chegase o meu traslado a Galicia tal e como me dixeran ao meu re-ingreso... O 16 de Febreiro dinme que recolla as miñas "cousas" que me ía de condución. Non me quixeron dicir a que prisión pero supuña que sería a calquera das existentes en Galicia. Cual non seria a miña sorpresa cando me decato que me levan para Alacant?! En Alacant notifícaseme tambien a limitación e intervención das comunicacións (telefonicas, escritas etc)... xa non entendía nada.
Os primeiros meses tanto en Soto del Real (Madrid) como en Villena (Alacant) póñenme todo tipo de trabas e impedimentos para comunicar e/ou falar telefonicamente, tanto coa miña compañeira como a miña familia. Non obstante a presenza de varios presos de ETA fan que a miña estanza sexa algo máis entretida... Por sorpresa o 20 de Marzo a D.G.I.P decide quitarme da inclusión no FIES-5 (C.E) e levantarme á súa vez a intervención e limitación das comunicacións... mesmo me "autorizan" a poder chamar por telefono á miña irmá, á miña compañeira e ao avogado... Non obstante o 3 ou 4 de Abril dinme que volva recoller as miñas cousas que me vou de condución. Inocentemente penso que finalmente me levan a Galicia... pero, Cual non seria a miña sorpresa cando me din que vou a Valdemoro?! E a que vou eu a Valdemoro? A reposta non se fai esperar e o 9 de Abril lévanme ante a Audiencia Nacional: os "Digosos" volvian ao "contra-ataque". Négome a prestar declaración ningunha e rexeito o avogado (de oficio) que me poñen. O 16 de Abril volvo ser citado, esta vez co meu avogado. Non teño NADA que declarar sobre as acusacións das que son obxecto por parte do R.O.S, e... non obstante decrétanme a "liberdade provisional" en tanto e en canto aínda me encontro cumprindo condena neste pais e para "extraditarme temporalmente" a Italia se debe pedir unha "rogatoria internacional" a Alemania (dado que eles me entregaron a España e refutaron os indicios supostamente incriminatorios do R.O.S contra a miña persoa) e debo cumprir a "miña" condena en España... Abril pásoo practicamente en Valdemoro e é aqui onde teño as miñas primeiras comunicacións, tanto coa miña irmá coma coa miña compañeira. O 30 de Abril encóntrome de novo en Alacant. Finalmente o 31 de Maio teño o meu primeiro "vis-a-vis" coa miña compañeira e vanse regularizando periodicamente e con "normalidade" tanto as chamadas coma as visitas con outrxs compas.
O 15 de Xullo finalmente abandono a prisión de Villena con destino "A LAMA"... chego a Galicia o 25 de Xullo. O 27 notifícaseme a "intervención e limitación" das comunicacións (simplemente " porque si") con data do 23 de Xullo!! É dicir que aínda non habia chegado a esta prisión cando o subdirector decide (a titulo persoal e en contra da resolución da D.G.I.P e o J.V.P de Villena) volver un paso atrás e incumprir as propias "normas", "normativas" e "directrices" dos seus superiores e do poder xudicial. E dado que me nego a asinar o devandito acordo (unilateral e arbitrario) non se lle ocorre nada mellor que voverme a incluír no FIES-5 (C.E) o 9 de Outubro!
Sinxelamente decidín deixar de escribir (o que sempre foi a miña ventá ao exterior) dende que cheguei a esta prisión, porque me nego a que un "calquera" que exerce de sátrapa local decida a quen e cando escribir e que ler...
A todo isto e en sucesivas "Liquidacións de Condena" remato por non comprender que merda de sistema xurídico-penal é este que me outorga varias: a) (a primeira) en Soto del Real con data de saída 4/4 partes cumpridas o 10-4-2015; b) (a segunda en Villena-Alacant) con data de saída no ano 2033!! e c) (a terceira na Lama) onde pon que cumpro (¾ = condicional) en Xaneiro do 2015 e a total (4/4 partes) no ano 2020. Obviamente todo isto (a "nova" inclusión no FIES + Intervención de corespondencia + Liquidación de condenas) encóntrase recorrido ante o XVP de Pontevedra. Se este XVP aplica a súa Lei debería ser posto en liberdade o ano que vén.
A todxs xs compañeirxs debo dicirvos que máis alá do que digan os seus "papeis xurídicos" e as súas sucias manobras politicas, levando como levo 29 anos preso, non vou entrar nas provocacións de estxs miserables agora que a miña LIBERDADE está ao alcance da miña man... me consta que o mero feito de escribir isto (a miña verdade) lles pode dar pé aos verdugos para novos "traslados" (xa sexan de módulo ou cárcere) e/ou "sancións" de tipo administrativo.
A situación carceraria nestes últimos anos de "ausencia" forzada cambiou a tal punto que todo esta irrecoñecible para min.
Existe "agora" (comezou hai uns anos...) en todos os cárceres do Estado Español unha "novidade" que se denominan "módulos de Educación e Respecto" e/ou "módulos convivenciais". Nunhas prisións estes módulos son xa maioritarios. Pero que quere dicir isto? Os que desexen que se lles aplique a Lei (o que lles corresponde por lei e non polo beneplácito de usurpadores) deben ir a un destes "módulos de respecto" onde asinan un contrato onde lles "programan" as actividades que deben de facer obrigatoriamente (o cal incumpre a L.O.G.P) como limpar, estudar, facer deporte, etc, etc. Os propios presos son os encargados de executar as funcións dos carcereiros e "técnicos" chegando a controlar aos seus propios "compañeiros" a "medicación" (eufemisticamente as drogas con que ateigan aqui aos presos) e cachealos por se levan drogas ilegais ou fuman (ou non traballan) en zonas prohibidas. Mesmo fan «asembleas» onde chivanse xs uns/unhas dxs outrxs. Irse a un destes módulos supón renunciar (ou sexa delegar todo aos funcionarios) a «os dereitos» contemplados na L.O.G.P que tantos mortos e sangue nos custou axs «vellxs combatentes». Visto o visto (e dado que me nego a tragar esta merda) prefiro convivir nos chamados «módulos conflitivos» e loitar polos meus «dereitos» (aqueles polos cales loitei) e non «delegar esta responsabilidade» a unha banda de traidores e carcereiros.
Quero recalcar que isto que aqui escribo non pretende ser "un chamado á solidariedade" coa miña situación. É tan só unha "radiografia" da miña situación (e da de outrxs tantxs que non se baixaron os pantalóns) e unha constatación de que as súas "Leis e Dereitos" son un lixo, papel mollado, algo co cal pretenden investirse "elxs" de "orde" e "lexitimidade" e asi mesmo xustificar o monopolio da violencia (legal e armada).
O que eu penso e creo fun (e sigo facendo en "menor escala") reflectindoo nos meus textos e en cada acto da miña vida.
A miña solidariedade é agora (como sempre) con todxs xs que loitan: Xamais vencidxs, Núnca arrepentidxs!!
En loita ata que todxs sexamos libres!!
Pola Anarquía!!
A Lama, Outubro 2013
Nota: Non me chega nin o correo nin as publicacións anarquistas, pero estou a aproveitar en traducir o libro do compañeiro Thomas Meyer Falk.
No hay comentarios:
Publicar un comentario