Agora que o mundo das hipocrasias (ou tambén chamados "falsimedios") fala sen parar do grande home que foi Nelson Mandela na súa luita contra o "Apartheid", se ben apenas se di da súa defensa acérrima da luita armada (e cando algo se conta é con a boca moi pequena), nós imos falar dun outro caso de inxustiza social aplicada no "país das libertades", onde Mumia Abu-Jamal cumpriu antonte, 10 de decembro, 32 anos encirrado por causa da cor da súa pel.
Ve-se que, para os mentideiros comerciais, hai que deixar a luita e vender-se ao Gran Capital e así morrer forrado de diñeiro, para que falen moi ben de ti: A súa herdencia está valorada en 16 millóns de dólares, diñeiro que lles chega a través das muitas empresas nas que a familia Mandela ten participación ou accións: un total de 110 compañías adicadas a todo tipo de actividades nocivas para a sociedade (sexa esta branca, negra ou a lunares), dende a minería ata o negocio imobiliario.
Asó pois, a seguir, colamos (traducido ao galego) un extracto dun folleto distribuído polo coletivo Amig@s de Mumia do México, que realizou un acto político-cultural o domingo 9, fronte a embaixada dos EEUU no Distrito Federal (ver acá a crónica do acto):
Neste luns, 9 de decembro, o prisioneiro político Mumia Abu-Jamal está completando 32 anos detrás das reixas, en prisión.
Coñeces o seu caso?
Aos 27 anos, o xornalista coñecido como "a voz dos sen voz" foi culpabilizado do asasinato dun policía branco e condenado à morte por causa da súa implicación como activista dos Panteras Negras e do MOVE (duas organizacións ás que, tanto o FBI como a policía política de Filadélfia, declararan a guerra dende hai anos).
Dende decembro de 2011, Mumia xa non ten a pena de morte gracias ao movimento internacional no seu apoio, mais os seus inimigos na policía e no cárcere de Filadélfia xuran que vai morrer na prisón. A nosa tarefa é levalo para casa.
Por trás das paredes, o espírito de luita de Mumia Abu-Jamal non se apaga, á contra, é máis forte do que nunca. Dende abaixo e contra o poder, escrebe sobre temas que van dende guerras imperiais a educación, historia e música. É solidario con os movimentos pola xustiza e a liberdade no mundo e exixe liberdade para outros presos, como Leonard Peltier, "os 9 do MOVE", Sundiata Acoli, Sekou Odinga, Dr. Mutulu Shakur e Albert Woodfox, entre muitos outros.
Un dos temas principais dos seus escritos é o sistema de prisons dos EEUU, o país do mundo que ten máis persoas encirradas en proporción a súa poboación total, na súa inmensa maioria negros e latinos. En particular, Mumia lanzara unha campaña contra o isolamento prolongado nunha cela, unha forma de tortura que el mesmo viveu durante case tres décadas.
Mumia libre xa!
• Escrebe unha carta a Mumia:
Mumia Abu-Jamal #AM8335
SCI Mahanoy
301 Morea Road
Frackville, PA 17932 – EUA
Noticia redactada e colada por eDu segundo informacións fornecidas polo blogue "Amigxs de Mumia"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario