Se Radio Nazional de E$paña ten os seus "Clásicos Populares", nós non podiamos ficar sen aportar o noso grao de area á escena músical antiautoritaria do terruño galego. De cando en vez difundiremos esas cancións que dalgunha maneira forman parte desa banda sonora da guerra social made in Galiza.
Ekkaia son agora un referente mundial do hardcore-crust. Orixinarios de A Coruña, comezaron a súa andadura en 1999 baixo o nome de Icon, co que sacaron unha demo no ano 2000. A súa primeira edición foi en formato CD e tratouse dun split(compartido) coa banda madrileña de grindcore Unsane Crisis, e serviu para que ambas formacións comezasen a "rodar". Seguidamente viu a luz o seu primeiro longa duración: «Manos que estrechan planes de muerte y sometimiento» en 2002, seguido do EP «Cuant@s más moriremos hasta que estén satisfech@s». Estas tres obras representan unha etapa na que Ekkaia conseguiu acaparar rápidamente a atención de gran parte dos afeccionados ao hardcore. Finalmente 2003 é o ano en que percorren por primeira vez o continente europeo exportando a súa xenuína maneira de facturar hardcore. No 2004 publican «Demasiado tarde para pedir perdón», e despois dunha segunda xira europea editan a súa última grabación un Maxi de tres cancións titulado «Ya hemos aguantado el sermón, ahora lo destrozaremos». Tras esta publicación separanse e os seus membros comezan a participar noutros proxectos. En Xaneiro de 2007 realizaron un concerto na súa cidade, pero a día de hoxe non existen vistas a unha nova reunión. Nesta entrega dos Clásicos Populares traemos unha das súas cancións mais representativas "Arrastradxs" pertencente ao seu LP «Manos que estrechan planes de muerte y sometimiento», versionadísima por deceas de bandas de todo o globo. Acompañamos a canción coa súa letra escrita no post, para o seu mellor entendimento.
ARRASTRADXS(letra):
Mírame a los ojos de nuevo antes de comenzar a mentir otra vez.
Cuerpos caen como hojas de papel, y su miedo desaparece transformándose en rutina.
sus vidas comienzan a enfrentarse las unas con las otras con el único propósito de sobrevivir arrastrados bajo un cielo que no les deja respirar, mírame a los ojos de nuevo porque tu arrastras sus cuerpos.
¿Cuantos mas moriremos hasta que estén satisfechos?
Simplemente construimos nuestro propio sueño al margen de tu mierda, y representamos tu inmensa envidia que nos quiere destruir.
Grandísimos!!
ResponderEliminarDo melloriño do crust e do mellor que pariu o panorama musical antagonista na Galiza.