Colamos información recibida da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla"
É o testemuño dunha obsesión, a busca apaixonada dun vello pistoleiro anarquista, Felipe Emilio Sandoval, alcume Doutor Muñiz (1886-1939). Nacido nos arrabaldes de Madrid e albanel de profesión, a súa vida vai unida á fe nun sono redentor: a revolución social. Por ela converterase primeiro nun famoso atracador e home de acción e logo, durante a guerra civil, nun asasino desapiadado.
Pareceunos interesante replicar un comentario aparecido nun xornal, baixo a autoría de Rocío García. Citamos:
A vinganza foi un dos eixes da súa vida. A sombra máis profunda dunha derrota. Nacido pobre no barrio das Aldraxes de Madrid, de pai descoñecido, foi albanel, axuda de cámara nunha nobre familia de París, atracador, anarquista e delator. Felipe Sandoval, coñecido como Doutor Muñiz, foi o verdugo revolucionario nos anos da Guerra Civil en Madrid. Dirixente da temida checa anarquista, centro policial instalado no Cinema Europa do barrio de "Cuatro Caminos", ocupou portadas dos xornais da época. A honra das aldraxes, longametraxe documental dirixida polo pintor e escritor Carlos García Alix (León, 1957), rescata a figura deste home alto, famélico, de mans grandes, cortés, reservado, sempre vestido de gris ou negro, que se converteu en toda unha lenda ao máis puro estilo gansteril. Aos seus 52 anos, Sandoval xa era un home envellecido e gravemente enfermo de tuberculose. Detido nada máis rematar a Guerra Civil, quitou a vida e ninguén reclamou o seu cadáver. O 6 de xullo de 1939 foi enterrado nunha tumba de terceira do cemiterio do Leste, en Madrid. Nacera o 26 de maio de 1886 no barrio de "Las Injurias". Madrid estaba de festa. Nove días antes nacera o herdeiro á coroa, que logo chegaría a reinar baixo o nome de Alfonso XIII.
Foron anos e anos de obsesión, de investigación, de busca de documentos e fotos nos arquivos máis importantes de España, e tamén en París e Amsterdam. En 1998, no "Archivo de la Causa General", cando este organismo non era público, encontrou García Alix a peza clave da investigación, o fío condutor do filme: a confesión manuscrita de Felipe Sandoval, preso na "Brigada de la División de Investigación Política", na rúa de Almagro de Madrid, poucos días despois da derrota dos republicanos. "Felipe Sandoval!, o Doutor Muñiz!, o máis perigoso atracador e pistoleiro, un asasino e un gánster que moi pronto recibirá o seu merecido", exclaman triunfantes os policías que na madrugada do 16 de xuño de 1939 chegan ao número 36 da rúa de Almagro coa coñecida como "Expedición de los 101": os máis buscados, os máis odiados, dirixentes políticos e sindicais, deputados, gobernadores, alcaldes, xornalistas... Entre eles, Felipe Sandoval. Obrigárono a recordar quen era. E fíxoo. Ao longo de 63 folios, o Doutor Muñiz relata a súa vida. "Os anarquistas somos a hostia, compañeiro. Sabemos retorcernos o corazón se fai falta para cumprir o noso deber revolucionario. O que eses rapaces comunistas que presumen de coraxe non se atreven a facer, aquí está o vello Felipe, anarquista, disposto a facelo en ben dos nosos sagrados ideais. Aínda que o corazón se me saia pola boca". A súa confesión custoulle a vida. Foi repudiado polos seus compañeiros, que o acusaron de traidor e canalla, e pola propia policía, que non se deu por satisfeita. Non deu opción aos homes que tiñan que xulgalo. El foi o seu propio xuíz e o seu verdugo, o asasino de si mesmo, relata García Alix no documental.
A lenda vén de atrás. De tiro doado e decidido, Sandoval é o protagonista dun longo e interminable axuste de contas. Xa en 1919, a tentativa de fuga dunha prisión de Barcelona, na que cumpría pena por un roubo, rematou nunha tremenda malleira que o desfigurou o seu rostro e marcouno de por vida. Metido de cheo no activismo revolucionario anarquista, o seu primeiro golpe realízao en 1932, no domicilio de Agapito Velasco, un abastecedor municipal ao que acusa de quedar co diñeiro dos comedores de Asistencia Social. En compañía doutros tres homes, róubanlle 35.000 pesetas. Toda a prensa se fai eco da noticia e publica unha vella fotografía policial. Preséntano como o gánster do momento, o "inimigo público número un". O Doctor Muñiz faise popular entre os madrileños.
Coma se dun verdadeiro Al Capone se tratase, o Doutor Muñiz, meses máis tarde, á fronte dun novo grupo, prepara o seu golpe mestre. En dez minutos, o 8 de abril de 1933, Sandoval atraca, ao máis puro estilo de Chicago, unha oficina do Banco de Vizcaya, entre as rúas de Fuencarral e Manuela Malasaña. Nesta ocasión leváronse 40.000 pesetas. Á súa seguinte vítima escóllea entre o máis selecto da sociedade madrileña: Juan Pérez de Seoane, o conde de Riudoms, a quen asalta na estrada de Burgos cando o vello monárquico foxe en coche, coa súa familia e as súas pertenzas, ao exilio. Días máis tarde, a Garda Civil deteno na estación de Atocha. Preso no cárcere de Colmenar, necesitou poucos meses para preparar de novo a súa fuga.
Sandoval foi o organizador do asalto e a queima do cárcere Modelo de Madrid, o 22 de agosto de 1936, que rematou coa matanza de coñecidos políticos de dereitas e provocou un tremendo shock na República. Ao día seguinte creáronse os tribunais populares ("quero facer constar que non tirei un só tiro en tan lamentable suceso, o que xuro ante Deus e ante os homes que me teñen" que "xulgar", afirma Sandoval na súa confesión).
"O honor das inxurias", narrada polo propio García Alix e realizada coma se de unha "collage" se tratase, é unha produción de Guillermo Salafranca, da produtora No Hay Penas. Realizada nun 80% con material de arquivo, nace dunha obsesión, a de García Alix, por unha personaxe de quen o primeiro que soubo foi a súa morte en "Nosotros los asesinos", un libro do xornalista anarquista Eduardo de Guzmán. Decidiu seguir o seu rastro. "Ir aos arquivos é como ir de pesca. Hai que ir cada día. Botas a cana a ver se pican". Foron anos de luces e sombras. E Madrid, ao fondo como homenaxe. Aínda recorda García Alix cando descubriu que Sandoval estivera tan unido ao Cinema Europa o cine da rúa de Bravo Murillo de Madrid onde el de pequeno tragaba sesións dobres, e que nos últimos anos da Guerra Civil se convertera nunha gran tribuna - "alí falou Unamuno, Pasionaria, José Antonio, os anarquistas" -. E cando soubo que o último asasinato do Doctor 0Muñiz foi o de Ruiz Egea, o bibliotecario da glorieta de Cuatro Caminos, de onde el aínda conserva o seu carné de 1974.
"Non hai revolución sen verdugos. Poñer o foco no verdugo é a parte máis fea e dolorosa. Sandoval foi un verdugo ao servizo da revolución. Hoxe é moi difícil comprender o grao de violencia feroz que asolaba España. A miña loita foi non caer en bos e malos. É unha historia de vinganza", explica este realizador, que confesa a súa simpatía profunda polo anarquismo.
Ficha técnica
Título orixinal El honor de la injurias
Ano 2007
Xénero Documental
Dirección e Guión Carlos García-Alix
Duración 87 min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario