12 dic 2013

Centros de Menores: Protección ou Ánimo de Lucro?

De entre todas estas entidades, destacan dous por enriba do resto, sendo as que maior número de denuncias e queixas acaparan polo trato que dispensan aos menores acollidos nos seus centros. Trátase da Fundación O' Belén e da Fundación Dianova, que son entidades privadas e son as dúas fundacións que posúen o maior número de centros e que reciben o maior presuposto por parte do Estado. Para facernos unha idea, no ano 2008, reciben case 5 millóns Dianova con 7 centros e preto de 12 millóns O' Belén con 5 centros.

Colamos traducido de Tokata este artigo tirado da "Revista ASD Nº 3 da Asociación SOS Desaparecidos"

En 2009, baixo o título "Se volvo mátome!", Amnistía Internacional publica un informe sobre a situación de menores en centros de protección, sobre todo centros terapéuticos, a raíz do Informe do "Defensor del Pueblo" "Centros de protección de menores con trastornos de conduta e en situación de dificultade social"(2009). En ambos os dous informes ponse de manifesto a necesidade de cambiar o actual sistema de protección por varias razóns:

* falta dunha regulación uniforme e común en materia de protección de menores para todo o territorio nacional; cada comunidade autónoma ten a súa propia regulación, existindo grandes diferenzas entre unhas e outras;

* a dificultade para denunciar, investigar e determinar as responsabilidades polos abusos que poidan cometerse;

* as carencias no sistema de rendición de contas pola xestión dos centros que se delega en organizacións privadas;

* a propia situación e xestión dalgúns centros; e

* as dificultades coas que se encontran as institucións independentes de defensa dos dereitos humanos para a súa supervisión.

Non existe unha información estatística nin datos fidedignos consolidados e actualizados sobre o número de menores tutelados no estado español e, menos aínda, daqueles menores que se encontran en centros terapéuticos por trastornos de conduta. Isto favorece a invisibilidade destes menores e facilita a vulneración constante e continuada dos seus dereitos.

Amnistía Internacional faise eco da situación na que viven os menores nalgúns centros de protección onde os castigos físicos, o illamento, a subministración abusiva de medicación e a ausencia de servizos axeitados para o coidado da saúde, así como outras condutas e omisións, levaron a algúns menores ao suicidio.

Quen e como se xestiona estes centros? No estado hai tres modelos de xestión para os centros terapéuticos do sistema de protección de menores:

1. Con titularidade e xestión da Administración pública
2. Con titularidade da Administración pública que cede o edificio para a súa xestión a unha entidade
3. Con titularidade e xestión dunha entidade privada

En 2008 dos 58 centros terapéuticos existentes, só tres eran xestionados pola Administración pública. O resto son dirixidos por 41 entidades con diferente personalidade xurídica (fundacións, asociacións sen ánimo de lucro, empresas mercantís) baixo convenio coa Administración pública.

De entre todas estas entidades, destacan dous por enriba do resto, sendo as que maior número de denuncias e queixas acaparan polo trato que dispensan aos menores acollidos nos seus centros. Trátase da Fundación O' Belén e da Fundación Dianova, que son entidades privadas. E tamén son as dúas fundacións que posúen o maior número de centros en España e que reciben o maior presuposto por parte do Estado.

Para facernos unha idea, no ano 2008, entre as dúas, reciben un presupuesto de cerca de 17 millóns de euros: Dianova con 7 centros e preto de 12 millóns O' Belén con 5 centros.

Máis do 90% procede do pagamento en concepto de servizos sociais que lles achegan as administracións, pero ademais contan con patrocinadores privados.

- O' Belén creouse o 22 de xuño de 1999 e os seus fundadores: por un lado, políticos profesionais e, por outro, empresarios. Finánciase en máis do 90% con diñeiro das administracións. Tamén conta con varios patróns que en 2009 eran Peugot, Alvargómez Gestión Inmobiliaria, Grupo Lábaro, a Deputación de Guadalajara... é unha das entidades que máis denuncias recibiu sobre malos tratos a menores e en cuxos centros se produciron varios suicidios de menores.

O 18 de setembro de 2009, a "Junta de Castilla-La Mancha" decidiu pechar un dos cinco centros, asumindo a protección dos menores alí acollidos. O presidente da fundación dimitiu alegando razóns persoais.

O 16 de outubro de 2009, péchase o centro de CasaJoven de Guadalajara onde estivo ingresada a menor, Silvia, que se suicidou o 12 de abril de 2009.

- Por a súa parte, Dianova, está formada por un conxunto de organizacións autónomas que desenvolven programas sociais dirixidos á prevención e tratamento de consumo de drogas en mozos. Segundo o Plan Nacional sobre Drogas, "Dianova ten a súa orixe na escisión e posterior reorganización de persoas e profesionais vinculados á asociación El Patriarca", un grupo fundado por Lucien Engelmaier e catalogado en Francia en 1995 como seita por unha comisión de investigación parlamentaria. Catro anos despois, o Parlamento francés alertou sobre Dianova, cualificouna de nova marca de El Patriarca e sinalou que "constitúe o exemplo máis representativo de estruturas comerciais sectarias".

Os recursos que invisten as administracións públicas nestes centros xestionados por entidades privadas establécense a partir dunha tarifa por menor e día acordada entre a Administración e a entidade, tendo en conta o convenio que regula a xestión destes centros. Segundo os datos do Informe do "Defensor del Pueblo": "A cantidade media que a entidade pública aboa á entidade xestora por cada menor ao mes, é de 3.810,30 €, o que pon de manifesto que a Administración está a investir un elevado presuposto na atención residencial a menores en dificultade social, o que, non obstante, non está en consonancia coa insatisfacción que manifestan moitos menores acollidos neste tipo de recursos".

O Estado ten a obriga de garantir que a privatización dos centros de protección non compromete nin menoscaba os dereitos dos menores. En relación ao persoal responsable da protección de menores, a ONU establece unha Regras para a Protección de Menores Privados de Liberdade: o persoal debe ser competente, suficiente e especializado (educadores, instrutores profesionais, asesores, asistentes sociais, psiquiatras e psicólogos). O seu proceso de selección ha de ser rigoroso e a retribución axeitada. Tamén han de recibir formación para o correcto desempeño dos seus funciones. Este informe de Amnistía Internacional pon como exemplo da falta de control sobre a contratación de persoal, o caso dunha xornalista que se infiltrou nun centro de Cataluña sen que ninguén se ocupase de comprobar o seu curriculum vitae. No seu testemuño reflicte que case ningún dos supostos educadores estudara nada relacionado coa infancia e coñeceu mesmo pacientes que, sendo adultos, estiveran no centro recuperándose de toxicomanías e que, posteriormente, se quedaran como "cuidadores".

Para ampliar toda esta información:

Amnistía Internacional “Si vuelvo ¡me mato!” Menores en centros de protección terapéuticos (2009)
Defensor del Pueblo “Centros de protección de menores con trastornos de conducta y en situación de dificultad social” (2009)
Artigo reportaxe “Chicos malos, grandes negocios” de Jaime Barrientos (29/06/2009)

1 comentario:

  1. Máis Información sobre esta morte no Cárcere para meniños de Albaidel (Albacete):

    http://tokata.info/mas-informacion-sobre-la-muerte-de-un-chaval-la-carcel-para-ninos-de-albaidel-albacete/

    ResponderEliminar