3 dic 2013

Ante os últimos golpes represivos

Recebimos de Madrid este pequeno comunicado con algunhas relexiones sobre a represión:

Ante os últimos golpes represivos

Ante a situación actual de represión por parte do Estado que estamos a vivir queremos compartir algunhas reflexións.

A represión do Estado é unha consecuencia directa cara ás persoas que loitan contra o sistema, que cuestionan a súa lexitimidade e existencia, que difunden as ideas libertarias, que se sitúan nun conflito permanente contra a autoridade. É a defensa mesma do Estado, das persoas e institucións que se benefician e alimentan da orde establecida. Sempre necesitarán xustificar unha nova lei de seguridade cidadá, uns gastos e despregamento antiterroristas e frear o auxe do movemento anarquista e a insurrección popular.

Por iso asumímola, que non aceptamos. Queren impoñer un clima de medo que nos paralice e afogue a nosa loita diaria. É natural sentir medo, pero non podemos permitir que domine os nosos actos.

Non debemos esquecer ser responsables da nosa propia seguridade e a dxs nosxs compañeirxs, reforzando a autoseguridade en internet, teléfonos, redes sociais, e no boca a boca na rúa.

Lanzamos unha reflexión en torno á utilización do termo "montaxe", noutros procesos, e o sentido que se lle dá en certas campañas antirrepresivas. Abusar deste termo, pode volverse na nosa contra, xa que quita credibilidade ás verdadeiras montaxes policiais e nos leva a unha separación entre bos e malos, inocentes ou culpables. Nós non caeremos nestes termos legalistas, para nós son compañeirxs de loita e apoiarémoslles teñan feito ou non a acción que lles queiran imputar. Mostraremos a nosa solidariedade axs compañeirxs pero non podemos esquecer seguir coas nosas loitas e proxectos, sen perder o noso punto de mira.

Como anarquistas, non entendemos o antifascismo como algo illado senón como parte da nosa postura antiautoritaria. Somos antifascistas, por suposto, pero loitamos contra toda forma de autoridade, contra calquera estado, estamos en contra de calquera xerarquía e dominación.

Responderemos a cada golpe coa cabeza máis alta, seguiremos máis fortes, con máis motivos se cabe, con máis convicción.

Mandamos un saúdo a todas as persoas que están presas pero non foron vencidas e a todxs xs compañeirxs fugadxs. Recordamos a todxs xs que caeron, o seu recordo e a continuación da loita mantenlles vivxs.

Solidariedade e coraxe axs que seguimos e seguiremos aí, porque as nosas conviccións son máis fortes e sempre o serán.

Pola liberdade e a dignidade!

Morte ao Estado
e
Viva a Anarquía


Madrid, decembro 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario