Despois de 5 días detidxs sen coñecer o paradoiro en mans da bófia antiterrorista, o xuíz da Audiencia Nacional, Eloy Velasco ordenou “prisión provisional”, contra a compañeira Mónica Caballero e o compañeiro Francisco Solar. Descoñecemos canto é o tempo de “investigación”.
Os delitos dos que foron finalmente acusados son:
*Pertenza a organización terrorista
*Estragos terroristas (Colocación dun artefacto explosivo na basílica do Pilar en Zaragoza)
*Conspiración para a comisión de estragos terroristas (Supostos plans para un atentado ao Monasterio de Montserrat en Barcelona)
Por outra banda a compañeira italiana Valeria Gicamoni, o compañeiro Gerardo Damián Formoso e Rocío Yune quedaron na rúa tras permanecer 5 días incomunicados, teñen o pasaporte retido e a obriga dunha firma periódica nos xulgados.
Saudamos aos 3 compañeiros/as que se atopan na rúa tras pasar polas asquerosas mans das seccións antiterroristas.
É de agardar que xs compañeirxs Francisco e Mónica ingresen en prisión, no brutal réxime de aillamento e que sexan dispersados por distintas prisións do Estado español. Cabe lembrar que Monica Caballero mantén unha alimentación vegana, xa a mantivo durante súa anterior estancia en prisión, que afrontou durante o 2010, polo que é un punto a tomar en consideración na rutina do encerro.
¡Solidariedade internacionalista con Mónica e Francisco!
Informan Individualidades Contrainformativas
No hay comentarios:
Publicar un comentario