21 nov 2013

Desaloxado o Mercado Municipal de Pontedeume

Tras un curto parón momentaneo retomamos a actividade poñéndonos ao día coas informacións atrasadas. Reproducimos aquí un correo que recibimos fai xa tres días e do que, aínda que tarde, agora vos informamos. NESTE enlace deixamos información que pode poñer en contexto a noticia. Aquí vai o correo tal e como nos chegou:


Bos días,

hoxe luns 18 de novembro ás 6.00h da mañá varias patrullas de unidades antidisturbios da Garda civil desaloxaron as e os comerciantes que levaban 16 días encerrados no Mercado a causa dun conflicto co alcalde, que négase a acatar o procedemento legal e administrativo e bloquea coa súa aptitude o proceso de negociación. Parece que dende o Goberno Autonómico e Central están a lexitimar unha conducta que atenta contra as liberdades e dereitos de calquer cidadán/na. Cos nosos impostos están a pagar unhas desproporcionadas accións policiais que o único que fan é que aumente a sensación de desprotección, abandono e inxustiza. Pese a requerir a orde pola cal estaban sendo desaloxados/as dos seus postos de traballo non se lles facilitou nin puideron leela, ademais de ser obrigadas e obrigados e recoller todo o material dos postos sen saber a qué responde dita petición. Lles deixaron cinco minutos para facelo. Agora están fora do Mercado con as súas pertenzas á espera de que podan entrar de novo no Mercado para retirar todo o que non puideron coller.

*********************************************************************************************************************************************************************************************************

Enlace vídeo manifestación sábado 9 de novembro de 2013: http://www.youtube.com/watch?v=fEREkJpJ7BM

dende fai 16 días as e os comerciantes do Mercado Municipal de Pontedeume estaban encerrados no Mercado Municipal de Pontedume xa que o alcalde da vila non lles proporcionou información sobre o proceso de rehabilitación do edificio, o “mercado alternativo” que lles propón non está en condicións para levar a cabo alí unha actividade económica, non lles facilita a documentación necesaria, non lles informa sobre as datas do proceso de rehabilitación nin do o retorno, etc. Intentan negociar con el, máis non atende a razóns. O único que ten feito é chamar a Delegación do Goberno, que enviou un montón de dotacións da garda civil que intimidaron e identificaron a 250 persoas e que ameazaron con multar por desobediencia.
Vai adxunto un texto informativo sobre o Mercado agás un artigo de prensa, que publicou a avogada dos e das comerciantes.

Tlf. portavoz praceiros/as: Carmen, 639704807
Tlf. bufete avogados: Enma, 981357982

Máis información:
http://www.diariodeferrol.com/opinion/emma-gonzalez/cojones/20131103010812064034.html

Escolma noticias saídas en prensa:
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/11/10/0003_201111F10C7991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/11/01/placeros-pontedeume-encerraran-mercado/0003_201311F1C8993.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/11/04/alcalde-recibe-hoy-placeros-pontedeume/0003_201311F4C3995.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/11/07/placeros-pontedeume-piden-ayuda-valedor-do-pobo/0003_201311F7C8991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/11/06/alcalde-asegura-placeros-concesion-volveran-mercado/0003_201311F6C8991.htm
http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/pontedeume-bng-respalda-postura-placeros-mercado-municipal/20131101235159063981.html
http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/pontedeume-placeros-reunieron-400-apoyos-manifestacion-celebrada-ayer/20131107024709064463.html

Escolma TV:
http://www.crtvg.es/informativos/os-praceiros-de-pontedeume-ameazan-con-revelarse-ante-o-concello-690919
http://www.crtvg.es/informativos/os-praceiros-de-pontedeume-seguen-encerrados-na-sua-praza-en-contra-do-traslado-do-mercado-ordenado-polo-concello-694165

Unha aperta e moitas grazas

L.B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario