9 nov 2013

V Xornadas Micolóxicas de Pontedeume

Difundimos, con gran placer, a próxima convocatoria das xornadas micolóxicas coas que os compas da okupa "A Casa da Estación" de Pontedeume (desta volta xunto con máis locais da vila) nos obsequian todos os anos:


Os vindeiros 15,16 e 17 de novembro terán lugar ás V Xornadas micolóxicas de Pontedeume. Este ano, ademais do programa e o espazo habitual, contaremos coa participación do Colectivo Terra, con varios estabelecementos de hostalaría da vila que farán unha pequena ruta de petiscos micolóxicos, e cunha exposición permanente de cogomelos no CSO A Casa da Estación.

DATA: venres día 15 de novembro
HORA: 20.15 horas
LUGAR: Colectivo Terra
ENDEREZO: Boa Vista, 8, baixo, Pontedeume
http://colectivo-terra.blogspot.com.es/
ACTIVIDADE:
Presentación das xornadas.
A partir das 20.30 horas: palestra/obradoiro “Conservación e envasado de cogomelos” a cargo de Manolo Costas (Presidente da Asociación micolóxica Viriato)
Ademáis teremos a ocasión de desfrutar da presentación do libro Os cogomelos na cociña e outras cousas.
Máis información:
http://amviriato.wordpress.com/
http://www.baiaedicions.net/castellano/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html

DATA: sábado 16 de novembro
LUGAR: C.S.O. A Casa da Estación
ENDEREZO: Avenida de Ferrol, 71, Pontedeume
http://csocasadaestacion.blogspot.com.es/

HORA: 8.30 horas
ACTIVIDADE: saída a Serra do Forgoselo a recolectar e clasificar cogomelos. Virán con nós Luis Cuba e Antonio Díaz, grandes micólogos e cociñeiros. Aprenderemos as nocións básicas para a clasificación de cogomelos e algún que outro consello de cociña.
Máis información:
https://es-es.facebook.com/pages/Luis-cuba-y-la-micolog%C3%ADa/252168018168929

HORA: 15.00 horas
ACTIVIDADE: xantar popular
Menú: empanadas, croquetas,sopa de outono, carpaccio de edulis, arroz cremoso e de sobremesa, membrillo con cantarelo. Na cociña contaremos coa participación de Antonio Díaz, gran cociñeiro e micólogo.
Máis información:
http://andarubel.com/index.php

HORA: 18.30 horas
ACTIVIDADE: concurso á mellor cesta de cogomelos. Haberá que presentar 10 especies perfectamente catalogadas e facer unha breve exposición.
Xurado composto por Jose María Costa, Antonio Díaz e Luis Cuba. Como premio un lote de libros sobre micoloxía.

HORA: 19.00 horas
ACTIVIDADE: palestra “Etnomicoloxía e curiosidades sobre os gasteromycetes” a cargo de Jose María Costa Lago (micólogo e membro da Asociación micolóxica - naturalista Pan de raposo)
Máis información:
http://panderaposo.es/

Introducción:
Grupo tan artificial como polifilético, os gasteromycetes son un grupo de fungos moi coñecidos a nivel popular. A súa variada e vistosa macroscopía, moi alonxada dos típicos agaricais con forma de paraugas e os peculiares cheiros dalgunhas especies chamaron moito a atención tanto do home e da muller do campo como dos primeiros naturalistas. Aínda así son considerados nos círculos micófilos como fungos de “segunda orde”. Algo lamentable, pois para o afeccionado á micoloxía de campo tódolos fungos deben ter a mesma dignidade.

HORA: 20.30 horas
ACTIVIDADE: sairemos pola vila a facer unha ruta de petiscos micolóxicos acompañados por uns/unhas gaiteirxs. Polo de agora participan Bar O trasteiro e Bar O varadoiro.

DATA: domingo 17 de novembro
HORA: 9.00 horas
LUGAR: C.S.O. A Casa da Estación
ENDEREZO: Avenida de Ferrol, 71, Pontedeume
http://csocasadaestacion.blogspot.com.es/
ACTIVIDADE: saída as Fragas do Eume xunto a Jose María Costa Lago, experto en ascomicetos (soamente para clasificar e desfrutar da natureza, non para recolectar).Tamén estará Alberto López Teixido, doctorando en bioloxía i estudioso das Fragas do Eume, con el aprenderemos a clasificar todo tipo de árbores e saberemos como funciona un ecosistema como o das Fragas do Eume.

HORA: 15.30 horas
ACTIVIDADE: xantar micolóxico.
LUGAR: Bar O trasteiro
http://www.google.es/url?q=https://www.facebook.com/Bar.O.trasteiro&sa=U&ei=xVByUpKLA-aR7Aa-woHwDA&ved=0CB8QFjAA&usg=AFQjCNH6GdIfmmBsDOV16cU_W7Q14mn8mA

Para inscribirse nas xornadas mandade un mail co voso nome e apelidos a seguinte dirección (csoadaestacion@gmail.com).
Unha aperta e saúde

Blog do C.S.O. A Casa da Estación -AQUÍ.

1 comentario:

  1. Poderase asistir sólo un día, dous ou tres. O prezo por día será de 7 euros, por dous de 10 euros e por tres 15 euros. Si algunha persoa non ten recursos económicos poderá asistir igualmente as xornadas. Tódolos cartos recadados serán para pagar desprazamentos, comidas e demais actividades.
    Unha aperta e saúde

    ResponderEliminar