10 nov 2013

Clásicos Populares (IV Guerra Mundial)

Se Radio Nazional de E$paña ten os seus "Clásicos Populares", nós non podiamos ficar sen aportar o noso grao de area á escena músical antiautoritaria do terruño galego. De cando en vez difundiremos esas cancións que dalgunha maneira forman parte desa banda sonora da guerra social made in Galiza.



Comezamos a semana cunha nova entrega dos "clásicos populares" de Abordaxe. Desta volta traemos a IV Guerra Mundial.

Esta banda de Hip Hop ferrolana(xa disolta) deixou un bo feixe de grandes cancións e concertos durante a súa década de existencia, na que mostraron un forte compromiso cos proxectos e loitas libertarias da Galiza. A súa música e complicada de conseguir, pero nós hoxe traemos un dos temas máis míticos desta banda, trátase de "La secuela" canción popularmente coñecida como "¿No has visto a los yonkis?" Unha canción onde se sinala o uso da droga como método de control social por parte do Estado e o narcoráfico, repasando tamén o papel que xogaron na chamada transición democrática. Outro clasicazo


Música administrada por Emiliano Tocata

No hay comentarios:

Publicar un comentario