O compañeiro anarquista Sergio Roel, preso por motivos sociais no cárcere de Teixeiro, foi represaliado por sair ao patio cunha camiseta na que puña "CÁRCERE=TORTURA" en letras ben grandes e xunto a unha A circulada. Ademais de confiscarlle a camiseta, quitáronlle o dereito a asistir a escola e as clases de boxeo. Dase o caso de que Sergio acababa de sair dunha folga de fame en reivindicación de varios dereitos básicos (máis info neste blog -AQUÍ); pois agora xa lle informaron de que do permiso para ter guitarra, unha das promesas que lle arrincou a institución mediante a protesta, "xa se pode ir esquecendo". Ademais de todo isto puxéronlle dous partes disciplinarios.
Polo de agora non sabemos máis pero informaremos en canto teñamos máis información. Atent@s a posibles convocatorias solidarias.
Redactado por C.R. en base ao dito por Sergio a solidari@s anticarcerari@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario