Colamos esta información recibida dxs compas da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla":
E, como de todo se aprende, despois de valorar os pros e contras do horario, imos probar fazer as proxeccións nen as 20 nen as 22, senón as 21 horas dos martes (comenzando pontoais como nos cinemas comerciais) co gallo de dar tempo a chegar à Ghavilla à xente que remata de currar ou de ir a aulas as 20 e para non acabar moi tarde e ter tempo abondo para a posterior charla.
Ata agora hai previstas duas proxeccións para as vindeiras duas semanas, e é intención nosa que a programación vaia saíndo con aportacións e/ou suxerencias de todas, a tal efecto convidamos a fazer propostas tanto no local como a través do noso correo: bibliotecanarquista@gmail.com
Os vindeiros pases previstos son: O martes 12 o filme-documental sobre Palestina "5 Cámaras Rotas" e o martes 19 o docu "Falso Orgasmo" relacionado co tema queer e que xera debates interesantes respecto o tema, e para esta ocasión contaremos con unha compa da revista de pensamento anarco queer e antipsiquiatría "A Revolta dxs Caracois", quen encauzará o máis que factible posterior debate.
Ampliaremos a información destas proxeccións en vindeiras entradas específicas no noso blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario