Un mozo de Celeiro, M. V. L., de 33 anos, morreu, onte luns, horas despois de ser reducido pola policía en Lugo. A intervención produciuse a primeiras horas da mañá nas proximidades da sede da Xunta en Lugo. O home faleceu no hospital ao que foi evacuado en ambulancia.
Nesta intervención, que chamou poderosamente a atención de peóns e automobilistas polo gran despregamento, participaron varias patrullas da Policía Nacional. O home, tras ser reducido pola forza, foi engrilletado, e trasladado ao hospital lucense Hula. Ás poucas horas do seu ingreso acabou falecendo.
Ata o momento descoñécense outros detalles.
Pero "casualmente" é o segundo caso en poucas semanas dunha persoa que morre logo de ser reducida polas forzas policiais. Referímonos á morte de Juan Andrés Benítez que faleceu a noite do 5 de outubro tras ser reducido pola policía catalá na rúa Aurora do Raval. Os seus veciños gravaron un grupo de Mossos d'Esquadra golpeando repetidamente a vítima.
Un mes despois, o 4 de novembro, a xuíza que investiga a morte do empresario do Gaixample Juan Andrés Benítez imputou a oito mossos d'Esquadra que interviñeron na súa redución ás portas da súa casa na rúa Aurora do barrio do Raval de Barcelona a noite do 5 de outubro, e que morreu no hospital horas despois da súa detención.
Neste caso, descoñecemos que foi exactamente o que sucedeu, pero esperamos que se aclare nas próximas horas. Non tanto polas declaracións dos corpos da policía, senón por testemuñas que poidan brindar información fechaciente do acontecido.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario