13 nov 2013

[Compostela] Martes 19 ás 21:00' - "FALSO ORGASMO" no Cinema Forum Anarquista "A Ghavilla"

O vindeiro martes 19 ás 21:00' en "A Ghavilla", presentámosvos (a quen non o coñeza) un magnífico documental dirixido por Jo Sol en 2009, que fai referencia ao famoso Lazlo Pearlman, quen con humor e sarcasmo trata de desvelar todos eses absurdos clixés que existen no sexo. Avalado con testemuños reais e divertidos, o documental pon en evidencia eses absurdos mitos que se tecen sobre o sexo e as relacións.
Sinopse:
"Lazlo Pearlman é un artista conceptual, un prestigiador dos clixés, un activista capaz de dinamitar os nosos prexuízos e os nosos dogmas sobre sexo e identidade. O que en aparencia é unha divertida reflexión sobre as mentiras na nosa vida sexual convértese de pronto nun punzante discurso sobre a teoría de xénero e a permanente evolución da nosa identidade. "Fake Orgasm" golpea a mente e obriga un cambio de perspectiva para reformularse algúns conceptos cos que nos educaron e crecemos. Haberá que buscar novos caixóns onde reordenar cousas como a nosa virilidade, a nosa libido ou a nosa barbie superstar".

Estamos ante un documental impactante dende o minuto cero ata o final -nihilista, cheo de pureza e transgresión- sobre a orixe dos conceptos, a moral e os roles socialmente adquiridos. Unha reflexión que xurdiu circunstancialmente, tras o encontro do director e o protagonista, Lazlo Pearlman, en Donostia.

Trátase dun documental cunha sensibilidade inigualable e cun alto contido artístico e filosófico.

É imposible velo e ficar inmune!
Hai que vela!!

Contaremos con unha compañeira feminista anarco queer de Lugo, que animará o posible debate de despois da proxección do documental.

Ficha Técnica:
Director: Jo Sol
Intérpretes: Lazlo Pearlman, Lydia Lunch e Veronika Arauzo.
Guionista: Jo Sol.
Ano: 2009
Duración: 81 min.
Data de estreno: 10 / 12 / 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario