7 nov 2013

[A Guarda] Mañán venres 8 Presentación do novo número de A Boia no CS Fuscalho

Damos pulo a esta convocatoria de ECOAR recibida no noso correo

O próximo venres, 8 de novembro, a partir das 22:00h., terá lugar a presentación da revista A Boia: Contracultura dende a Ría no CS Fuscalho (r/ colón, nº 2). A actividade consistirá nunha presentación da propia revista como medio de comunicación de natureza colaborativa promovido pola plataforma cívica ECOAR, seguida dun concerto de Trilitrate (arcordeón, violín, guitarra, voz e proxeccións).

A Boia. Contracultura dende a Ría, é una canle de comunicación da cidadanía vencellada á plataforma cidadá ECOAR))). Trátase dunha publicación mensual sen ánimo de lucro que, dende o pasado mes de marzo, inclúe materiais achegados por individuxs, colectivos e o propio Grupo de (Contra)discurso de ECOAR))). Centrada en asuntos sociais e políticos, A Boia busca a converxencia destes coa cultura popular e alternativa, conxugando arte e información. Os puntos de venda poderán atoparse na páxina web da revista.

Máis información en:

www.aboia.info

No hay comentarios:

Publicar un comentario