29 oct. 2013

[Sevilla] Manifestación Fascista de "Respuesta Estudiantil", Contra-Mani Antifa e Comunicado

Durante a manifestación en Sevilla de "Respuesta Estudiantil", organización de carácter fascista, houvo escolta policial para protexer aos fascistas da Contra-mani organizada pola Coordinadora Antifascista de Sevilla. Houbo cargas policiais contra xs persoas assitentes á Contra-mani e unha persoa detida (que sairia aos poucos tras solicitar un "habeas corpus"), ademáis de diversos enfrontamentos con a policía, todo o tempo moi preocupada de "salvaguardar aos seus amigos fascistas", o que veu derivar en que o centro desta cidade ficara sumida no caos e que se viviran momentos de auténtico pánico con berros, carreiras, xente encirrada en comercios con as persianas botadas, crianzas chorando, lanzamentos de cadeiras e botellas,...


A convocatoria de Respuesta Estudiantil era a nivel estatal (español que din eles), e pese a que acudiron militantes de toda a xeografía española, só reuniron a uns 150 indesexables, na sua maioría mozos (a presencia feminina era mínima) que iniciaran o seu percorrido, fortemente custodiados por un cordón policial. Uns minutos despois a manifestación fascista chegaba à altura da Catedral entre vivas a Hitler e saudos fascistas, e allí permaneceu un bon rato parada por ordes policiais, entanto enfronte, a unha distancia prudente, grupos dispersos de antifascistas berraban proclamas como “fora fascistas da cidade”.

Con as cousas así, con o grupo máis numeroso de antifascistas ficando a máis de 20 metros detrás da protesta de Respuesta Estudiantil e separados por media duzia de furgóns policiais, as antifas acordaron mudar de lugar e se ubicaron justo enfronte do protesto de RE. Antes de permitir de novo iniciar a marcha ultradireitista, os furgóns da Policía Nacional adiantaranse, os axentes tomaron posicións e comenzaron a cargar às carreiras e a disparar pelotazos de goma. En medio de todo isto ficaran persoas completamente alleas aos protestos, mesmo familias que paseaban polo centro da cidade aproveitando a tarde do sábado. Ante a violencia policial, muitos comercios fechaban as suas portas e viraron convertidos en refuxios para familias enteiras, entanto a policía seguía a dispersar a calqueira cidadán que paseara polas ruas. De tal xeito, os guardiáns da orden e a lei, protexeron aos fascistas e mesmo foron custodiados ata unha zona alonxada do centro para evitar que sofreran "incidentes". Ao concluir a mani fascista, Ángel Castro, delegado de RE en Sevilla, denunciou que “a maioría das bolsas de estudantes son para inmigrantes” (???).

A Coordinadora Antifascista de Sevilla tirou no seu blogue, do seguinte Comunicado, que colamos à ìntegra, unha vez traducido:

O pasado sábado 26 de outubro o sindicato fascista Resposta Estudantil (RE) tiña convocada unha manifestación na Praza do Salvador de Sevilla, co fin de protestar en contra os recortes en educación, seguindo a súa liña de disfrazar as súas crenzas fascistas e nacionalistas baixo mensaxes populistas. Segundo «o devandito sindicato estudantil apolítico», estarían acompañados por militantes doutras partes do estado español, demostrando así o seu mínimo calado social na nosa cidade.

A Coordinadora Antifascista de Sevilla, co apoio e presenza de gran diversidade de colectivos cidadáns, organizou unha concentración pacífica -no mesmo lugar pero unha hora antes-, co fin de mostrar a nosa repulsa ante tal exhibición ultradereitista. A pesar dos intentos da Policía Nacional de que ambas as dúas marchas non se cruzasen, finalmente encontráronse na Avenida da Constitución. Ante a negativa das persoas congregadas a deixar aos fascistas marchar pola cidade, a Policía Nacional apoiada pola Policía Local cargou con violencia, levándose por diante non só aos contramanifestantes senón tamén a viandantes, turistas e veladores, creando un caos de carreiras, porradas, escopetas de pelotas de goma, salvas, detencións e tendas e bares pechando con persoas refuxiadas dentro, por todo o centro da cidade.

A Coordinadora Antifascista quere denunciar non só o carácter ultradereitista de RE, senón tamén a complicidade e a irresponsabilidade da Subdelegación de Goberno e do Concello de Sevilla, representados por Felisa Panadero e por Juan Ignacio Zoido respectivamente, ao pasear, escoltado pola policía, un espectáculo lamentable formado por 90 hooligans locais e foráneos, saúdos fascistas, bengalas e berros e bandeiras con mensaxes extremistas, por todo o centro histórico da cidade -dende a Porta de Xerez ata a rúa Imagen-, e en plena hora punta de familias de paseo, turistas de visita e cidadáns gozando do espazo público. Esta complicidade institucional coa extrema dereita racista, homófoba e xenófoba vénse repetindo dende que o PP ocupa a alcaldía, en forma de autorizacións para actos con mensaxes ultranacionalistas, subvencións económicas e axudas materiais, como aconteceu por exemplo o pasado 12 de outubro na "Plaza de la Pescadería".

Queremos condenar tamén a manipulación e a demagoxia dos medios de información, que tratan de equiparar a resposta cidadá antifascista coa convocatoria minoritaria da extrema dereita, e a total falta de veracidade informativa destes medios á hora de investigar a relación entre as institucións e os grupúsculos fascistas. Condenamos ademais a represión e a violencia policial sufrida polas persoas que decidiron bloquear pacificamente a manifestación fascista, e mostramos a nosa solidariedade co compañeiro detido nunha das cargas.

Fora fascistas das nosas rúas e das nosas aulas.
Por unha Sevilla plural, de todos e antifascista.

Coordinadora Antifascista de Sevilla

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada