3 oct 2013

Putos Madeiros! por Rafael Narbona, escritor e crítico literario

Colamos, unha vez traducido ao galego, este moi interesante artigo que recollimos da sua web:

Sempre vos odiei. Sodes os fillos da infamia, a primeira liña do capitalismo máis desalmado, os verdugos da clase obreira. Non importa que cambie o voso aspecto. Aínda que o voso uniforme transite do negro hitleriano ao verde oliva do infausto Duque de Ahumada, a vosa mirada despide invariablemente a mesma indignidade. Sempre vos asañades co máis débil. Desafiuzades as familias, mallades os traballadores, os estudantes e os parados, torturades en escuros calabozos, invocando o deber e o patriotismo. Facedes desaparecer ás vosas vítimas en simas, barrancos ou foxas cubertas con cal vivo. Ás veces, preferides botalas ás augas negras e profundas do océano. Sodes as lexións que crucificaron 6.000 escravos entre Capua e Roma, transformando a Vía Apia nunha manifestación do poder imperial, enfurecido pola rebelión de Espartaco, o gladiador tracio. Sodes os asasinos de García Lorca, que se vangloriaban de ter secado un manancial de beleza, cunha vil descarga de chumbo. Vencédenos día a día, pero o pobo aborrécevos e soña con pasear as vosas cabezas nunha pica. Estades nos meus pesadelos dende a infancia, cando vos contemplei baixar pola Gran Vía, perseguindo os manifestantes con porras e bocachas. Ata entón, o mal só era unha abstracción, pero ese día comprendín que podía encarnarse nunha hoste de mercenarios, coa face ensombrecida por un odio atávico e prerracional. Os vosos crimes non caerán no esquecemento. A man de Mateo Morral agárdavos en calquera esquina, disposta a facer xustiza. A verdadeira poesía non se compón con versos e estrofas, senón con ira e dinamita.

Educáronnos na non violencia, pero a violencia é a esencia do sistema capitalista. A violencia sodes vós, ocultando os vosos números de identificación, golpeando con saña mozos e anciáns, arrastrando aos que se opoñen pacificamente aos vosos abusos e iniquidades ou mesmo abrindo brechas na cabeza de nenos indefensos. Todo o que disente, protesta ou invita á solidariedade se converte no voso inimigo. Sodes os esbirros da banca e a patronal. Ocultades a vosa cara por covardía, pero tamén por vergoña. Os verdugos sempre subiron ao cadafalso cunha carapucha e, ata un pasado recente, ninguén se internaba nos seus fogares, pois os consideraban malditos. Valle-Inclán mostrounos o voso verdadeiro rostro en Luces de Bohemia, pero case ninguén le xa os clásicos e se os infames e iletrados togados da Audiencia Nacional se internasen na obra do manco irredutible, ordenarían a detención e incomunicación do autor, acusándoo de apoloxía do terrorismo. Valle-Inclán, insigne mutilado anticapitalista, concibiu a escena sexta de Luces de Bohemia como un encontro nun sombrío calabozo entre Max Estrella, poeta cego e clarividente, e un preso anarquista, con blusa, alpargatas e grifóns. O preso é un obreiro catalán que se define a si mesmo como "un paria ". Non é un termo despectivo, senón o lúcido recoñecemento do seu lugar nunha orde social onde se "menospreza o traballo e a intelixencia" e réndese culto ao diñeiro. Max afirma que pronto chegará a hora dos parias da terra, pero ese momento só será posible, instalando "a guillotina eléctrica na Porta do Sol". O anarquista obxecta que "o ideal revolucionario" non se cumprirá coa simple "degolación dos ricos". Hai que chegar máis lonxe. Só destruíndo a sociedade capitalista poderá xurdir "outro concepto da propiedade e o traballo". Algo escéptico, Max confórmase con pequenos logros: "Todos os días, un patrón morto, algunhas veces, dous... Eso consola". O preso sabe que lle agarda a morte: "Catro tiros por intento de fuga. [...] Por sete pesetas, ao cruzar un lugar solitario, sacaranme a vida os que teñen ao seu cargo a defensa do pobo. E a isto chaman xustiza os ricos canallas! ". Non lle atemoriza morrer, pero si que lle dean tormento, só para divertirse. "Bárbaros! -protesta Max, coa alma tremendo de indignación-. […] Onde está a bomba que destripe o terrón maldito de España?". Na escena undécima, Max -xa en liberdade- crúzase cunha nai co seu fillo morto entre os brazos. Só é un neno con "a tempa traspasada polo burato dunha bala". A policía mantén a orde pública, masacrando inocentes. Antonio Maura, non menos repulsivo que Aznar, Rajoy, Esperanza Aguirre ou a Cospedal, promove o terrorismo de Estado para frear a cólera dun pobo maltratado e humillado. A pobre muller berra desolada: "Negros fusís, matádeme tamén cos vosos plomos!". "Esa voz traspásame", exclama Max, arrepiado. Pouco despois, escóitanse disparos e un sereno anuncia con indiferenza que a policía abateu un preso anarquista, mentres intentaba fuxirse. "Xa non podo berrar -masca Max-. Mórrome de rabia!… Estou mascando estrugas. A Lenda Negra, nestes días minguados, é a Historia de España. A nosa vida é un círculo dantesco. Rabia e vergoña".

A versión definitiva de Luces de Bohemia publicouse en 1924, pero non se estreou ata 1970. Case todas as grandes obras tardan un tempo en vencer a estulticia de empresarios e editores, case sempre conchabados co poder e sen outra motivación que a inmunda cobiza. "Canallas!... Todos! E os primeiros nós, os poetas!", exclama Max, admitindo que os escritores tamén venden as súas plumas para obter fama e riqueza. Non podo evitar a gratificante fantasía dun Valle-Inclán furioso, descargando bastonadas sobre as testas servís de Mario Vargas Llosa, Juan Manuel de Prada ou Fernando Savater. Luces de Bohemia apenas envelleceu. As súas escenas continúan falándonos dunha España gobernada por víboras, rufiáns e asasinos. Cando o preso anarquista se despide de Max, anuncia o seu inminente fin: "Van matarme... Que dirá mañá esa Prensa canalla?" "O que lle manden", responde Max, con bágoas de impotencia e rabia. Non creo que sexa necesario un grande esforzo para imaxinar unha situación semellante, con pistoleiros custeados por fondos reservados. Aínda recordo a Felipe González declarando que "a democracia tamén se defendía nas cloacas". Os sicarios que matan o preso anarquista son os mesmos que acabaron coa vida de Iñigo Cabacas. Iñigo agachárase a atender a un ferido dunha carga da Brigada Móbil da Ertzaintza, cando lle dispararon un pelotazo polas costas. O impacto produciuse na caluga e a queimarroupa. Mentres agonizaba, Iñigo sangrou polos ollos. Ester Quintana foi máis afortunada. Só perdeu un ollo ao recibir un pelotazo dos Mossos d'Esquadra. Beatriz Etxebarria sufriu os rigores da lei antiterrorista. Durante os cinco días de incomunicación, soportou golpes, vexacións sexuais, estados de asfixia inducidos cunha bolsa de plástico, ameazas de morte e, finalmente, unha violación anal e vaxinal cun pau untado de vaselina. A Benemérita realizou a fazaña, engadindo unha nova páxina negra ao seu dilatado historial de baixezas e infamias.

Putos madeiros, escudádesvos no "cumprimento inescusable do deber", pero gozades cos vosos crimes. Podedes cambiar de nome (Forzas de Seguridade do Estado, Forzas de Orde Pública, Unidade de Intervención Policial, Garda Civil), pero só sodes unha abxecta patulea abastecida por galopins, matóns, viláns, asnos, truánáns e lunáticos. Putos madeiros, tedes as entrañas negras e un corazón putrefacto que se regocixa ao humillar, golpear e torturar ao pobre, ao paria e ao marxinado. Crédesvos superhomes, pero só sodes os sicarios de políticos, empresarios e banqueiros. Sodes o brazo armado de canallas como Martín Villa, Cristina Cifuentes ou Felipe Puig. Algúns compáranvos cos soldados do Imperio Galáctico, comandados polo sinistro Darth Vader, pero eu creo que só sodes os fanfurriñeiros que buscan pelexa nun bar, cun escarvadentes entre os dentes, ou os miserables que intimidan unha parella de anciáns nun aparcadoiro para arrebatarlles unha praza libre. Se alguén escarva na vosa historia, aparece indefectiblemente o matón de patio de escola, que rouba os bocadillos aos seus compañeiros máis débiles. Só espero que algún día vos encontredes coa forma do voso zapato e acabedes durmindo cos peixes, onde vos espera Mr. Blonde, un home de honra que odia os polis e que vos rebandará unha orella ao ritmo de "Stuck in the Middle With You".

RAFAEL NARBONA

Un outro título deste autor publicado en Abordaxe:
"Apoloxía do Terrorismo"

No hay comentarios:

Publicar un comentario