Traducimos de Occupied London:
Durante todos estes anos, o número das irmás e irmáns mortas ás mans do estado ou as súas criaturas non deixou de aumentar. Katerina Goulioni, Nikolas Todi, Cheikh Ndiaye, Mohammad Atif kamran, Shehzad Luqman... Katerina morreu baixo vixilancia nun traslado penitenciario, Nikolas, Cheikh e Mohammad asasinados pola policía, a Shehzad matárono a navalladas os mesmos nazis que lle quitaron a vida a Pavlos o 17 de setembro. Xunto con quen sabe cantos outros, torturados e arrancados das rúas, recluídos en Amygdaleza ou algún outro dos numerosos campos de concentración, condenados á morte e logo, porque na homoxeneización nacional non hai espazo nin sequera para a memoria da maioría das súas vítimas, tamén ao esquecemento. Os que hoxe parecen ter espertado antifascistas son os mesmos que ordenaron a detención de setenta mil inmigrantes nun só ano, que estigmatizaron as mulleres seropositivas, que trataron de recluír en masa aos drogadictos. Os mesmos que, diariamente, conducen a mulleres e homes ao desespero e o suicidio... E a lista non deixa de medrar.
E agora, tras todos estes anos, o mesmo poder estatal que alimentou os nazis parece ter decidido que xa non os necesita máis, que deben ser desbotados. É isto xustiza? Por suposto que non: Como poderán xamais os victimarios facer xustiza ás súas vítimas? Decidan ou non manter aos seus xermolos ao seu lado, este é o mesmo poder que, de mil modos diferentes, condenou a todas as nosas irmás e irmáns á tortura e a morte, que fortaleceu o racismo e o fascismo como un elemento máis do día a día, que consolidou e perpetuou o abuso sobre os corpos e mentes de emigrantes, lesbianas e homosexuais, antifascistas, parias e excluídos do seu sistema: Todos e cada un dos que non encaixamos na súa asfixiante norma de unidade nacional e orde social.
Non fomos nós quen descabezamos a Amañecer Dourado senón o propio sistema que o pariu. Así que non tomemos isto por Xustiza: Xamais veremos vir ningunha xustiza de quen unicamente traen inxustiza e explotación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario