Recibimos na nosa caixa de correo este interesante libreto (en castelán) sobre a luita contra os desafiuzamentos que se está a desenvolver dende o ano 2011 na cidade italiana de Turín. Unha luita en dous barrios conflictivos, Barriera di Milano e Porta Palazzo. Esta luita está sendo impulsada por compas anarquistas residentes nistos barrios, así como por familiares e amizades das persoas desafiuzadas, e que ten logrado durante máis dun ano paralisar un bo número de despexes e ser quen oferecer outras alternativas ao problema da vivenda mediante a ocupación de inmobles e a reapropiación, aínda momentánea, de espazos e tempos ao Estado e ao Capital.
Ademáis da súa difusión contra-informativa pretendese, con esta publicación, mostrar a vontade e a posibilidade de impulsar luitas sociais que, pese ao aparentemente limitado dos seus obxectivos (a vivenda neste caso), poden sair dos cauces institucionais e pactistas con a vista posta non só en esolver unha problemática específica, senón en estabelecer redes e promover revoltas sociais, así como para prepararse no caso de que estoupen posibles levantamentos sociais nos barrios conflictivos.
Pola Insurrección Libertaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario