Recibimos na nosa caixa de correos este artigo ao respeito do artefacto da "Basílica del Pilar", as repercusións na prensa e a súa teima con o "Triángulo Anarquista", unha opinión persoal (escrita en castelán) à que damos pábulo en Abordaxe (unha vez traducida):
Toda esta chapa vén ao caso dalgúns artigos que ultimamente circulan pola rede, e que devolven á palestra mediática conceptos chave como o Triángulo Anarquista Mediterráneo, o Insurreccionalismo italiano, o Black Block (como grupo consolidado, e non como táctica, ou sexa, como algo que non existe nin existiu), a Federación Anarquista Informal e demais ingredientes para preparar as súas noticias coas que logo, unha vez máis, e como sempre, xustificarán os seus golpes os cales non teñen como finalidade reprimir aquelxs que se atreveu a golpealos senón a calquera que profese e practique unhas ideas determinadas, buscando con "medidas exemplificantes" disuadir a todxs xs demais e sementar o temor e a desconfianza (chega un punto en que ata nós dubidamos de se unha acción foi levada a cabo por compas ou por madeirxs, ou de se o/a do lado é un/unha compañeirx ou un/unha estupa, caendo na paranoia).
Antes de continuar lendo, aconsello mirar este artigo aparecido fai uns días en La Vanguardia.
E a miña resposta
Cabe sinalar que tras a resposta no meu blog fun informado de que no xornal de Xénova ao que presuntamente ese suposto grupo de FAI/FRI tería enviado unha carta reclamando unha serie de accións en Valencia, Zaragoza e Barcelona, publicaron a nota recibida. Se alguén sabe italiano pode comprobar que nese xornal NON DIN NADA das accións de Valencia, Zaragoza e Barcelona, non sendo porque o comunicado vén asinado como "Neomaquis caotico Barcelona, Gasteiz, Madrid, Valencia FAI/FRI" (serán estas as cidades onde pensan localizar a súa próxima operación represiva?). Enlace ao medio italiano
Non é un segredo que o Estado español aprende de represión de tres dos grandes mestres en Europa, léase Grecia, Alemaña e sobre toda Italia, cuxos servizos de intelixencia e corpos de seguridade demostraron nos últimos anos unha habilidade sobrehumana para articular montaxes que xustifiquen operacións represivas. Recordemos o proceso Marini e a interminable lista de casos abertos contra activistas da loita contra o TAV, por non mencionar as operacións represivas do verán pasado: Operación Ousadía, Operación Comelumes, Operación Thor, Operación Shadow... dirixidas contra varios apéndices do movemento anarquista autónomo italiano (movemento okupa, movemento eco-anarquista, solidariedade con presxs, publicacións e órganos de difusión...).
Agora, volve a incerteza. Tras o ataque á catedral da Almudena en Madrid, muitxs pensamos que podería ser unha montaxe, aínda que tamén nos cadraba que puidera tratarse realmente de algo feito por anarquistas, se ben, neste caso, pensabamos nas poucas luces que tiña quen o tivera feito. Pasa o tempo e a prensa burguesa volve a falar dun novo ataque reivindicado pola mesma xente e esta vez dirixido contra unha igrexa en Zaragoza. Esta vez, a bomba si explota porque os TEDAX non chegan a tempo (ou quizais non quixeron chegar a tempo...), e causa danos materiais, mentres o grupo reivindica a acción nun comunicado onde afirman que en ningún momento buscaron danar a inocentes e que por iso foron avisados os xornais burgueses El Periódico (Zaragoza) e El Heraldo, e tamén a propia Basílica del Pilar con 10 minutos de antelación á súa detonación para que puideran desaloxar o templo (o comunicado íntegro reivindicando a acción está en ContraInfo) e tambén foi publicado en galego acá en Abordaxe (NdeT)
Pola sua banda, medios burgueses de alta graduación sensacionalista lucironse no seu trato do suceso. Ver por exemplo: 20 minutos (aquí e acá) ou ecodiario el economista (acolá).
E aquí vén a que eu considero a pregunta máis importante: É casualidade que hai tan pouco falasen sobre o Insurreccionalismo italiano nos medios e agora pase isto?
Sinceramente, non o teño claro. O tempo aclarará as dúbidas de cada quen. Non tanto, máis válenos ser prudentes, porque algo se está a cocer e é evidente. Guste ou non, a manipulación é unha arma de primeira liña do fronte en calquera guerra, e isto non é, á fin e ao cabo, nin máis nin menos que iso, unha guerra, da economía contra a vida.
Para rematar, aconsello botar unha ollada ao seguinte texto, titulado "Preparando o terreo {a prensa e a represión}" publicado no Xornal Aversión (Karcelona) n.º 8, correspondente a maio 2013 e escrito, por certo, días antes das detencións do Ateneo Libertario de Sabadell.
No hay comentarios:
Publicar un comentario