Damos difusión a esta convocatoria anual que receibimos da Asociaicón Nais Contra a Impunidade:
A Concentración terá o seu inicio as 12,00 pm no paseo do Balneario da Vila de Arteixo.
Este ano ademais, ao acto de homenaxe, únese a propesta pola imputación de 15 persoas (familiares, amigos e membros/as de este colectivo de Nais contra a Impunidade), por ter participado no acto de homenaxe polo óbito de Diego no ano 2010. Aos/as imputados/as se lles acusa dun presunto delito de inxurias a Garda Civil e se pide polo ministerio fiscal unha multa de 15 meses a 8 € diarios (3600 € x persoa cun total de 54000 € a todos/as os/as imputados/as), cunha responsabilidade penal de 1 dia de cumprimento por cada duas cuotas de multa que non se poidan sufragar (7 meses e 15 días de cadea).
Contamos coa tua asistencia, pola memoria de Diego e contra a represión da solidaridade.
Tedes mais info sobre as circunstancias que rodearon a morte de Diego aquí
Nuns dias subiremos toda a info sobre a imputación e o texto da convocatoria.
Muitas grazas a todas
Nais Contra a Impunidade, apdo correos 263, de Santiago de Compostela
https://www.naiscontraimpunidade.org - https://twitter.com/NAISimpunidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario