Colamos de ContraInfo esta información sobre a luita do campesinado de Kulon Progo, na Indonesia, contra a instalación dunha mina de area ferrosa por Indomines, unha empresa australiana que conta con a estimada colabouración do líder local (eu vexo unha analoxía con Corcoesto, ou serán "ilusons"?):
Tukijo é un dxs miles de campesiñxs da costa de Kulon Progo que defenden a súa terra dunha empresa mineira australiana en colaboración co líder feudal local. A policía arrancouno dos seus campos en maio de 2011 e sentenciárono a 3 anos de prisión por non facer máis que dicirlle a un traballador da empresa que marchara da súa terra.
Despois de case dous anos e medio de prisión, Tukijo agora poderá volver á súa granxa a plantar chile e sandía, pois aínda Indomines non lle arrebatou a súa terra pola súa mina de area ferrosa. Xa sexa pola caída do prezo das accións, a diminución da demanda de ferro de China ou pola resistencia determinada dxs campesiñxs, os plans da empresa mineira pospuxéronse unha e outra vez.
Pero a ameaza mineira non se afastou. Noticias preocupantes chegaron as últimas semanas sobre aldeáns do outro lado da área mineira aceptando depósitos da empresa e accedendo á venda das súas terras. Un gran shock para o resto de aldeáns, que se foron involucrando máis na resistencia á mina. Cren que están máis determinadxs na loita, pero agora observan o doado que lle resulta a unha empresa manipular calquera debilidade.
Aínda que xs campesiñxs de Kulon Progo viviron na súa terra durante xeracións e desenvolveron as súas propias técnicas para facer fértiles e produtivas as dunas areentas, érguense en contra dos líderes feudais locais (o Sultán Hamengkubuwono X e Paku Alam), que reclaman a propiedade definitiva de todas as terras da provincia Rexión especial de Yogyakarta, onde non se garante ningunha propiedade absoluta. É unha afirmación dubidosa que data dos tempos coloniais, proscrita pola Lei agraria básica de Indonesia de 1960. Non obstante, o Sultán está a intentar fortalecer a súa posición legal premendo para obter novas leis. Así, aprobouse o ano pasado unha lei sobre a "peculiaridade" de Yogyakarta e, a próxima semana, o consello lexislativo provincial de Yogyakarta, probablemente, aprobará unha lei que apoia o sistema feudal.
Na rexión de Yogyakarta, moita xente non é consciente aínda de que o seu Sultán lle botou o ollo ás súas terras -quizais están orgullosxs de vivir nunha zona onde a cultura xavanesa é aínda forte ou ven o sistema como algo mellor que a corrupción rampante que crea tantos problemas noutras zonas. Non obstante, moitas comunidades son conscientes diso e resisten. Á parte dxs campesiñxs de Kulon Progo, a comunidade de Parangkusumo é un exemplo. Este pobo costeiro está a uns quilómetros dunha praia turística famosa en Parangtritis e enfróntase a desaloxos. A razón dada é unha moralista, o goberno local afirma que a prostitución continúa nos karaokes de alí, pero é bastante obvio que a verdadeira razón é limpar a costa para o desenvolvemento do turismo.
Así que, aínda que por agora son boas noticias que Yukijo celebre poder respirar unha vez máis unha bafarada de aire fresco mariño na costa de Kulon Progo, aínda lles quedan moitos por diante, antes de que xs campesiñxs de Kulon Progo poidan relaxarse sabendo que derrocaron á mina de ferro dunha vez por todas.
trad e introducción eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario