18 oct. 2013

[Girona] Loita Anti-MAT .- Desaloxada Mas Castelló e Marcha de protesto

Este sábado 19 de Octubre vaise realizar unha marcha contra a MAT e contra o desaloxo de Mas Castelló, con saída dende Sta. Llogaia. Mas Castelló fora ocupada ao rematar a acampada contra a MAT para dar continuidade a esta luita. Aínda que non fose demasiado o tempo no que estibemos, Mas Castelló chegou a ser un lugar de encontro, reflexión e luita contra a MAT para muitísimas persoas de todas partes. Non será desaloxando que poiderán acabar con a luita contra a MAT! Vos esperamos! e ás 14:00 comida popular no Estella de Banyoles.

Ademais publicamos esta nova , enviada à nosa caixa de correos dende "Rebelión de las Palabras", sobre como foi o desaloxo, e que recolleu do blogue "Torres mes altes han caigut", dende onde se está a cobrir a loita anti-MAT en Girona:

Segundo afirman as compañeiras, máis de 10 furgóns de madeiros rodearon a okupa sendo aproximadamente as 6:30 da mañá de antonte, mércores 16 de outubro. A policía golpeou a porta mentras outros axentes escalaban por unha escaleira e penetraban no interior do inmoble rompendo unha xanela do comedor.

As compas foron retidas nunha habitación entanto a policía rexistraba a casa, levando todo canto quixeron ( unha computadora, telefones móviles (1), fanzines, panfletos,... o habitual nestes casos) e canto menos un compa foi batido na cabeza por tentar protexer ao seu can da policía (prefiro non saber que lle estarían facendo ó coitado animal...) e 3 persoas detidas e levadas à comisaria de Figueres (con posterioridade, sobre as 6 da tarde, foron libertadas tras pasar por dilixencias xudiciais).

Ó final 6 persoas están citadas a declarar en Figueres o 11 de novembro baixo acusacións de usurpación e posiblemente tamén de sedición.

Que as ruínas den lugar a novos soños.

---------------------
(1) o teléfone móbil que se dera como contacto con a casa está en posesión da policía. Polo tanto, se te queres achegar, non chames a ese número.

A nova orixinal podedes atopala nesta ligazón

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada