O Tribunal Europeo de Direitos Humanos (TEDH) acaba de facer público a desestimación do recurso do Goberno español contra o fallo que dictaminara en xullo de 2012 que, a aplicación retroactiva da doctrina "Parot" à sentencia aplicada a Inés del Río, vulneraba o Convenio Europeo de Direitos Humanos. Estrasburgo volve asín a ratificar a sua decisión, e ordena a posta en liberdade imediata da presa navarra, que permanece encarcerada dende hai 26 anos.
Estrasburgo falla por 15 votos contra 2 que «houbo violación do artigo 7» da Convención Europea de Direitos Humanos de que «non hai pena sen lei» e por unanimidade 17 de 17 confirma que dende o 3 de jullo de 2008 a demandante foi obxecto dumha detención «non regular» en violación do artigo 5.1 (direito à liberdade e à seguridade). Ademais, por 16 votos contra 1, afirma que «vista a necesidade urxente de poñer fin às vulneracións constatadas», corresponde às autoridades españolas «garantir» a liberación da presa «à maior brevedade posible».
Tambén, na votación máis apretada, por 10 votos contra 7, a Gran Sala determina que o Estado debe abonar unha indemnización de 30.000 € nun prazo de tres meses a Inés del Río en concepto de «danos morais».
Asimismo, e novamente por «unanimidade» ordena que o Estado español debe abonar à demandante a suma de 1.500 € en concepto de costas xudiciais.
A sentencia coñecida hoxe luns só aborda este caso, pero as suas conclusións van ter efeitos prácticos máis alá pola repercusión que pode chegar a ter en todos os casos nos que se aplicou esta "terrorífica" doctrina. Así, ven de abrirse a porta à excarceración de máis de 70 persoas que aínda sofren unha ampliación da sua condena considerada agora mesmo como inxusta polo TEDH
Chegados a este ponto, e tras esgotar todas as vías de recurso, os mandatarios españois deberán asumir sen ambaxes o pronunciamento de Estrasburgo e derogar esta norma elaborada ad hoc para alongar as penas dxs prisioneirxs bascxs e que repercutiron, tambén, noutras persoas presas. Os ministros de Interior e Xustiza do Goberno do PP veñen den anunciar unha comparecencia às 13.00 horas de hoxe e veremos se anuncian se o acatan sen dilacións ou si, unha vez máis, volverán a poñerse en evidencia ante a comunidade internacional.
21 oct 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario