Colamos de ContraInfo:
Un grupo de inimigos dos cárceres entraron no famoso restaurante Il Violino e botaron cubos cheos de barro mesturado con esterco aos comensais. Abandonaron o local deixando un panfleto que dicía: "Esta noite os ricos comen merda".
Un compañeiro foi detido e identificado, pero solidarixs confirman que "nesta acción en solidariedade con xs presxs, o compa detido foi posto en liberdade unha hora despois da súa detención cos seguintes cargos: danos e prexuízos. O compañeiro está ben!
Lume aos cárceres
O panfleto reza:
"Esta noite os ricos comen merda"
Entre o 10 e o 30 setembro xs presxs en loita organizaron mobilizacións de protesta contra o sistema carcerario dentro dos cárceres italianos.
Esta é a nosa forma cómplice e solidaria de atacar a sociedade carceraria no que existimos, pero non respiramos!
Por un lado, os ricos que comen e engordan en exceso, polo outro, xs segregadxs do Estado que combaten tamén a través da folga de fame e da abstención da comida institucional nalgúns cárceres, como na de Cremona.
Sabemos de que lado estar. Detrás desa barricada estamos todos e todas, oprimidxs dentro das gaiolas e explotadxs no interior deste mundo insoportable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario