28 oct. 2013

[A Coruña] Dúas mozas son multadas por berrar consignas contra a policía na greve estudantil.

Colamos esta información que recibimos na nosa caixa de correos de "La Rebelión de las Palabras":

Segundo informou o medio Sermos Galiza, dúas rapazas, de 15 e 17 anos respectivamente, terían sido multadas tras a mani que se realizou na Coruña contra a LOMCE dentro do contexto da greve estudantil porque, polo visto, cando o cortello manifestante pasou por diante da subdelegacion do averno (perdón, do goberno) na cidade berraron "Vergüenza me daría ser policía!" en alusión ós axentes que protexían o edificio institucional. Os madeiros non interviron nese intre pero, unha vez a mani rematou e despois de ter pasado xa media hora dende que se disolvera o persoal, cando estas rapazas estaban sentadas nun banco da rúa xunto outras dúas amigas, os policías se lles acercaron preguntandolles con actitude intimidatoria: "a ver, ¿a quién le daría vergüenza ser policía?, ¿a ti y a ti?, ¡Vamos!, ¡a comisaría!"; levandose as mozas a comisaría despois de ser identificadas e de chamar ós pais e ás nais de cada unha delas ( para que fosen buscalas dada a súa condición de menores de idade), "Á miña nai dixéronlle que eu os insultara e, de feito, é iso o que pon na denuncia".

Na comisaría os madeiros minten afirmando que as rapazas os insultaron, cousa que non é certo, pois non é o mesmo dicir que te daría vergonza ser policía (unha opinión persoal) que chamarlle imbécil ou can do Estado a un deles (insulto ou adxectivo calificativo sen malicia segundo se mire). Ó final, 400 pavos de multa para cada unha das dúas rapazas. A liberdade de expresión, coma sempre, segue en paradeiro descoñecido.

"Estabamos a exercer o noso dereito a expresar unha opinión", di unha delas. Con todo, a policía española entende iso como "unha falta de respecto aos axentes e provocación para o resto de manifestantes secundaren os insultos", malia que, como explica a moza, o protesto xa fora disolto había tempo. "Mandaron catro axentes para levar á comisaría duas rapazas de 15 e 17 anos. Ían dous de diante e dous detrás, coma se fosemos delincuentes. A xente alucinaba. Unha señora até dixo que o panorama merecía ser gravado", continua a moza.

"Dixéronlles aos nosos pais que non nos vai constar como antecedente, que só é un aviso". Un "aviso" que custará 400 euros a cada familia destas dúas mozas e para o cal elas teñen outra explicación: "é unha falta de respecto á nosa liberdade de expresión" porque elas, remarcan, "só estabamos a expoñer a nosa opinión. Que lles senta mal? Bon... é o noso dereito".

Como nota curiosa e aclaratoria de como funciona a policía, colamos acá o que escrebeu un comentarista nesta noticia en SermosGaliza, que ven a aportar algo máis à nova:

"Podo falar, por estar presente xusto detrás do membro da UIP. Xa coa mani disolta 2 policías cruzaron o paso de peóns que vai dende a Delegación do goberno en dirección ós Xardíns de Méndez Nuñez. Nese intre, escoitouse: "Qué está en rojo!", en alusión ó semáforo. E o policía que di despois o de "a ver, a quien le daría vergüenza ser policía?" déuse a volta e colleu ó primeiro que estaba por alí e lle soltou: "Eres el graciosillo del grupo, ahora mismo tengo que pedir 4 identificaciones, quieres darme tu la tuya, por listo?". Tamén cunha actitude bastante intimidatoria.

Xusto despois, voltaron hacia os xardíns eses dous policías e outros dous por detrás, vixiando o panorama. E si, o policía pediulles a identificación usando esa mesma frase e cunha actitude chulesca e intimidatoria.

Dito isto, VERGOÑA ME DARÍA, SER POLICÍA!"


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada