24 sept 2013

[Vigo] Xoves 26 as 11:30' Concentración na porta principal de Citroën: Monarquía Non!!

Reproducimos este correo que nos chegou de ECOAR Vigo:

O vindeiro xoves 26 de setembro os príncipes visitarán a cidade, e dende o Equipo de Acción de ECOAR))) proponse “recibilxs como se merecen”!! A Monarquía é un tipo de institución que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e que, no caso do estado español, ten a gravísima cuestión de que a coroa foi elixida por un xenocida, recoñecido como tal internacionalmente, como é Francisco Franco.

Por esta cuestión convócase a toda a cidadanía na porta principal de Citroën ás 11:30, o vindeiro xoves 26/09/13, e prégase que levedes cartaces e obxectos cos que facer ruído, para amosar a nosa repulsa á monarquía.

Difundide!! Participade!! Actuade!!

Ademais soubemos que en Madrid, organizada pola “Coordinadora 25-S”, que suma a 75 organizacións cidadás, o vindouro sábado 28 às 18 hs convocase unha manifestación en Moncloa e às 19 hs unha concentración na Plaza de Oriente sob a lenda “Jaque al Rey” no mesmo día no que, presumibelmente o JuanCar sairá do hospital onde foi internado.

Colamos, de seguido, os motivos expostos pola Coordinadora 25-S para tal convocatoria:


De toda a rede institucional do actual Réxime, a monarquía é o elemento que ten menor lexitimidade; pola súa orixe, xa que Juan Carlos foi nomeado por Franco como o seu sucesor a título de rei; e tamén porque nunca tivo tipo algún de referendo popular.

A cabeza da monarquía, o rei, foi ao longo destas décadas todo un expoñente dos trazos máis nefastos do sistema: participación dos últimos fusilamentos da ditadura, implicación no pronunciamento militar do 23-F, contribución en diversos casos de corrupción, aproveitamiento privado permanente da súa condición de Xefe de Estado …

Nun momento económico e político tan espiñento como o que estamos a viver, é especialmente doloroso ver a diario o boato, o desbaldimento e a blindaxe xudicial das que fai gala a familia real, ante a mirada atónita dos seus “súbditxs” e a complicidade do sistema.

Para dar un paso adiante nun proceso de empoderamento do Pobo (única forma á súa vez de avanzar nun auténtico Proceso Destituinte-Constituinte), é necesario acadar a abolición da monarquía.

É por iso que desde a Coordinadora 25S convocamos a toda a sociedade a unha grande mobilización para o sábado 28 de setembro, baixo o lema #JaquealRey. (Xaque ao Rei)

No hay comentarios:

Publicar un comentario