O proxecto de código penal máis duro da democracia foi aprobado o venres pasado, 20 de setembro, polo Consello de Ministros. Empeza a partir de agora a súa tramitación parlamentaria. Presenta novidades como a "prisión permanente revisable" ou cadea perpetua; a ampliación e maior discreccionalidad da liberdade vixiada; as medidas de seguridade arbitrarias para ininputables; a supresión das faltas co conseguinte agravamento das penas para as que agora se converten en delitos e o paso das demais ao "dereito penal administrativo" (exemplo, a lei Corcuera) no que a autoridade gobernativa é xuíz e parte e os seus "axentes no exercicio das súas funcións" gozan de "presunción de veracidade", sen esquecer os efectos da nova "lei de taxas" que converte en prohibitivos os recursos; a crimininalización da protesta social; o reforzo da agravante de multirreincidencia; o aumento das penas por máis dun delito e a tipificación dunha boa cantidade de delitos novos... Para o ministro Gallardón, que tramita tamén un proxecto de Código Procesual Penal digno do cine negro norteamericano, non debe considerarse só unha reforma, senón unha "auténtica transformación" que "nos incorpora á linguaxe penal das democracias máis avanzadas" e agrava as penas dalgunhas condutas "insuficientemente sancionadas".
Non obstante, por escoller un digno exemplo de oposición crítica, aínda que reformista, para a plataforma "Otro Derecho Penal es Posible": "Non se trata dunha reforma máis das vinte e oito sufridas polo Código Penal dende a súa aprobación en 1995, senón dunha reforma que dinamita piares básicos dun dereito penal propio do modelo constitucional de Estado social e democrático de dereito". "A expansión do dereito penal e os incrementos punitivos que contén a proxectada reforma do Código Penal non responden á necesidade derivada do incremento obxectivo da taxa de criminalidade, nin tampouco a unha sensación de inseguridade verificable e irrefutable entre os cidadáns, senón a obxectivos políticos de evidente orientación autoritaria orientados a satisfacer os intereses de certos sectores minoritarios da sociedade civil que dende posicións patibulares desfiguran as verdadeiras aspiracións sociais". "Esta reforma penal, no contexto da profunda crise financeira que padecemos, non é casual nin neutral. Pretende distraer a atención da terrible realidade e o tenebroso futuro que agarda á maioría da poboación, e brinda a única seguridade que son capaces de soster hoxe por hoxe os actuais xestores dun poder político descaradamente ao servizo do poder económico, a que se deriva dun maior control social, mediante a coñecida fórmula de incrementar as penas e de entronizar á prisión como o eixe do sistema penal, completada -cando se estime limitada e insuficiente por esixencias do principio de culpabilidade- coas medidas de seguridade para ininmputables e a liberdade vixiada".
"Medidas como a prisión permanente revisable, aplicable a un número extenso de delitos, supón a definitiva traizón ao principio de resocialización das penas consagrado no art.º 25 da Constitución Española. Só quen non tivese xamais contacto co mundo penitenciario pode afirmar seriamente que o internamento nun cárcere durante períodos de tempo tan prolongados non supón, non só un obstáculo insalvable para a reinserción social do preso, senón mesmo para a súa propia supervivencia persoal". "O efecto que esta reforma provocará nas nosas xa saturadas prisións será inconmensurable, case tanto como o incremento presupostario que implica".
"Pero aínda hai máis. A proxectada reforma supón un endurecemento do castigo de comportamentos de escasa gravidade, que deixan de considerarse falta (infracción penal leve), para converterse en delito, co conseguinte maior rigor punitivo. Así sucede cos pequenos furtos, defraudacións de escasa entidade do fluído eléctrico ou, por exemplo, cos denominados "manteros". "Por se isto fose pouco, endurécense os delitos contra a orde pública no que moitos interpretamos como un uso do Código penal para disuadir do exercicio de dereitos e liberdades públicas, destacadamente do dereito de reunión e manifestación, instrumentos claves dunha mobilización social que o Goberno parece querer acalar mediante a ferramenta máis dura e potente do ordenamento xurídico".
No seguinte audio escoitamos unha entrevista a José Luis Díez Ripollés, profesor de Dereito Penal, sobre o "Código Gallardón". O catedrático da Universidade de Málaga, pensa que "cando se endurecen a penas e deixan de ser proporcionais, recórtanse as liberdades". Cre que non ten sentido a nova reforma porque España é un dos países con menores taxas de criminalidade. E que nela o Código Penal non se utiliza para atender e resolver problemas senón con fins políticos: "Úsase como un instrumento de axitación política para activar sentimentos e emocións e, en última instancia, conseguir réditos electorais". Esta nova batería de reformas en materia penal constitúe "unha mingua de dereitos e liberdades, en liberdade de expresión, por exemplo". É importante saber tamén que "o Código Penal español se modificou unhas 30 veces en tan só 16 anos":
Tambén o voceiro da asociación legalista Jueces para a Democracia (JpD), Joaquim Bosch, afirma que a reforma do Código Penal "non se axusta ás necesidades da sociedade e nos retrotrae a tempos anteriores á Constitución" e ademáis engade:
"Alberto Ruiz-Gallardón, actúa a golpe de titular con iniciativas que conseguen chamar a atención, pero que non resolven os problemas estructuales da sociedade"h. Dende o punto de vista de JpD, a reforma parte dunha filosofía "autoritaria" sobre a función do Estado e do Dereito na sociedade e pretende dar a aparencia de que se está a facer algo.
Bosch sinalou que a reforma aposta por un endurecemento inxustificado de moitas penas, incluída a prisión permanente revisable, cando "España se encontra nos niveis máis baixos de delincuencia no ámbito europeo, conta co maior número de presos por habitante e se encontra nos niveis máis elevados de cumprimento das condenas".
A reforma "criminaliza determinadas formas de disidencia pacífica", apuntou Bosch, quen lamentou esta limitación das liberdades cidadás nun momento de conflitividade social no que o Goberno, ao seu xuízo, debería convencer á cidadanía con argumentos de que as súas medidas son acertadas, en lugar de utilizar o Código Penal para "reprimir determinadas formas de protesta".
As medidas contra a corrupción, previstas na reforma, son "unha cortina de fume", en opinión do voceiro de JpD, quen criticou a ausencia dun estudo rigoroso sobre a orixe da corrupción en España. Tras indicar que "a corrupción privada acaba creando corrupción pública", apostou por actuar antes de que se produza o problema: reclamou unha modificación da discrecionalidade da contratación pública e da ampla marxe de manobra dos partidos políticos, ao tempo que esixiu actuacións para impedir as doazóns millonarias das grandes empresas e medios para que os xulgados poidan resolver os procedementos por corrupción nuns prazos razoables.
Traducido x eDu de:
Boletín Tokata e KaosenlaRed
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario