24 sept 2013

Agricultores españois acadan récordes históricos de semente de Transxénicos con máis de 136.000 hectáreas en 2013


Coincidindo con o 16 aniversario de semente continuada de millo modificado xenéticamente(MG) no estado español, da variedade MON810 de Monsanto, vense de acadar unha cifra histórica con 136.962,45 hectáreas, segundo se desprende dos dados finais oferecidos polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente sobre superficies de millo sementadas durante 2013, o que supón un incremento de 20.655,85 hectáreas, case un 18% respecto ao ano anterior, e que veñen a constituir o 32% do total sementado, un 2% máis que en 2012.

As únicas comunidades que, segundo a administración, non teñen nengunha hectárea adicada a sementes transxénicas serían Galiza, Euskadi, Asturies, Cantabria e as Illas Canarias.

Aragón é a comunidade autónoma con meirande superficie de millo transxénico con 54.451,15 hectáreas, seguida de Catalunya e Extremadura con 33.995,95 e 16.979,12 hectáreas, respectivamente. Este ano destaca o importante aumento en Andalucía onde se chegaron as 14.078,53 hectáreas, con un crecimento do 35% respeito ao ano 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario