Colamos esta noticia de GaliciaConfidencial:
A Delegación do Goberno en Galicia acaba de sancionar a unha nova organización social galega. Desta volta é Verdegaia, unha das organizadoras da manifestación en contra dos proxectos mineiros previstos en Galicia que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado 2 de xullo e á que asistiron milleiros de persoas.
A sanción é de 450 euros por, supostamente, cometer actos vandálicos. Entre eles, a Delegación do Goberno cita roturas de cristais e pintadas en edificios. Unha sanción que esta asociación ecolóxica considera abusiva e que anuncia que recurrirá.
Máis sancións
"Están tentado criminalizar aos movementos sociais", apunta Nela Abella, portavoz de Verdegaia en declaracións ao GC. E é que nos últimos meses outras plataformas como a Mesa pola Normalización Lingüística ou a Plataforma contra o Aborto tamén foron sancionadas polos mesmos supostos actos vandálicos.
"Pero é que neste caso as pintadas que nos atribúen xa estaban feitas antes da manifestación", queixase Abella que pídelle á Delegación do Goberno que presente as probas. "E se saben que fomos nós os que rachamos con cristais, por que non actuou a Policía. Iso é neglixencia", engade o insistir en que o único obxectivo do Goberno é tentar paralizar con multas e sancións todas as protestas sociais que se están producindo no país contra as políticas do PP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario