O compa do blogue "La Rebelión de las Palabras" enviounos un correo para a sua difusión deste panfleto (que traducimos ao galego):
que, hai unhas semanas, a mediados de agosto, en Atenas, un rapaz de 19 anos, Thanassis Kanaoutis, que estaba, igual que os seus vellxs, parado, morreu cando foi empurrado dun autobús en marcha tras unha discusión co revisor e o condutor que comezou ao ser sorprendido viaxando sen billete. Para máis información deste feito concreto, podedes mirar o comunicado da asemblea popular aberta do barrio de Peristeri onde aconteceu o suceso (no meu blog o publiquei: https://vozcomoarma.noblogs.org/?p=637) e tamén o da asemblea popular aberta do barrio de Aguía Paraskevi (publicado en Verba Volant: http://verba-volant.info/es/tolerancia-cero-para-los-revisores-transporte-publico-gratuito-para-todos/).
Dado que o revisor chegou a dicir que el simplemente facía o seu traballo (polo vísto o seu traballo consiste en empurrar un rapaz de só 19 anos fóra dun autobús en marcha só porque é precario e non ten 1'40 euros para pagar un billete), faise patente, máis de dous anos despois da sua publicación inicial, este texto:
"Eu simplemente fago o meu traballo... "
O madeiro que pega as cidadás, a persoas maiores, a nenxs, a inmigrantes cegxs di que cumpre ordes... Simplemente fai o seu traballo...
O funcionario municipal, que con exceso de celo descolga pancartas, desmonta tendas de campaña e quita carteis, di que cumpre ordes... Simplemente fai o seu traballo...
O revisor nos autobuses, que humilla á xente por un euro e medio... Simplemente fai o seu traballo...
O alguacil que che quita a casa e te desaloxa... Simplemente fai o seu traballo...
Os contadores da Compañía de Electricidade e a Compañía de Subministración de Auga, que cortan a electricidade e a auga a xs pobres... Simplemente fan o seu traballo...
O xuíz que reparte cento trinta anos de prisión a cativos de vinte anos... Simplemente fai o seu traballo...
O militar que putea os soldados... Simplemente fai o seu traballo...
O político e o deputado das comisións, dos escándalos do mosteiro de Vatopedi e de SIEMENS, dos favores... Simplemente fan o seu traballo...
O xornalista que mente e é un servente dos grandes intereses... Simplemente fai o seu traballo...
O sindicalista que vende as loitas dos trabajadores... Simplemente fai o seu traballo...
O cura que comercia co "paraíso"... Simplemente fai o seu traballo...
Os partidos que se tiran como unhas aves rapaces onde ven uns posibles votos... Simplemente fan o seu traballo...
O primeiro ministro, que está a vender o país e ao pobo... Simplemente fai o seu traballo...
En fin, todo funciona perfecto, o Sistema anda ben e fai o seu traballo...
Pero existimos nós, na praza, nas prazas, nas rúas, nas
manifestaciones...Y nós non facemos o seu traballo...
Non marcharemos, se non tomamos a vida nas nosas mans.
Asemblea Popular da Praza de Síntagma
No hay comentarios:
Publicar un comentario