Recollemos de "El Retroceso" Diario Libertario de Lugo e Galaxia:
Para que esteas informad@ de que está a pasar na factoría de Navantia, Ferrol.
1) Ter moita máis combatividade que os seus representantes.
2) Querer que se lles teña en conta de verdade na toma de decisións.
Xa en ano pasado tivemos algún exemplo disto, pero por non nos ir moi lonxe, antes do verán, en concreto o 5 de xuño, a policía detivo de madrugada a un compañeiro de Armadores, acusado de agresión a un policía municipal durante unha ocupación do concello. Os seus compañeiros da área de Aceros dirixíronse a primeira hora ao comité de empresa propoñéndolles dar algún tipo de resposta colectiva e acordando con este celebrar unha asemblea nos despachos de Aceiros ás 10 da mañá. Nesa asemblea, o comité opúxose totalmente a calquera mobilización. A indignación dos traballadores foi tal, que, pasando completamente do comité de empresa, decidiron transformar a asemblea de Aceiros nunha serpe que percorrese a fábrica convocando unha asemblea xeral ás 11 da mañá. Resultado? En 40 minutos paralizaron a fábrica (o comité dicíalles que era imposible por falta de tempo) e ás 11:00 varios miles de traballadores (da principal e de compañías) estabamos no garaxe. Evidentemente, ao comité non lle quedou outra que asumir que había que saír á rúa.
O outro feito relevante ten que ver coa contraproposta de convenio presentada á empresa polos negociadores sindicais o pasado 10 de xullo, contraproposta que, polo menos aquí en Ferrol, nin foi consultada cos traballadores nin ninguén coñecía antes de ser presentada. Desta contraproposta, o comité informou nunha rolda de asembleas parciais celebrada a última semana de agosto. Nesa rolda quedou claro que moitos traballadores queriamos unha asemblea xeral para poder opinar sobre a contraproposta, ao que o comité se negou en redondo argumentando que as asembleas xerais as convoca el cando lle parece oportuno. Así as cousas, o Sector Crítico de CCOO tomou a iniciativa de recoller fimas esixindo esa asemblea xeral. En menos de dous días, recolléronse 624 firmas (o 42% dos traballadores de convenio que estabamos a traballar, que equivalen ao 34% do equipo total da factoría), entregadas ao comité o mércores da semana pasada. Conseguido o terzo das firmas do equipo que a lei establece para celebrar unha asemblea xeral, o comité convocou a asemblea onte. Resultado? Por unha apisoante maioría que non admite discusión, os traballadores de Navantia-Ferrol rexeitamos a contraproposta presentada á empresa o día 10 de xullo, por entender que recolle renuncias graves aos dereitos actualmente recoñecidos no convenio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario