Recollemos de BoletinTokata
Luns (19 de agosto) en Blois (departamento de Loir e Cher), 60 presos conseguiron saquear todo un módulo do cárcere. Puideron forzar os fechos para que saíse a xente das celas e conseguiron alcanzar o sector administrativo (de menor seguridade) antes de que os ERIS (Equipos rexionais de intervención e seguridade, unidade da policía militarizada creada en 2003 tras unha serie de motíns en prisións francesas) os detivesen. O mesmo día, houbo de 35 a 40 traslados, pero o cárcere xa estaría tan esnaquizado que un sindicato de carcereiros pide o traslado do conxunto de presos por "razóns de seguridade" (a dos carcereiros...)
O martes foi en Châteaudun (departamento de Eure e Loir) cando uns 20 presos se rebelaron. Intentaron incendiar o centro de control informático antes de subir aos tellados onde quitaron as baldosas e romperon os cristais. 5 persoas pasaron a disposición xudicial.
A historia repítese o mércores no mesmo centro penitenciario, onde 36 presos asaltaron o camiño de rolda. A pesar da presenza dos ERIS que quedaron no lugar do motín da véspera, fixeron falta 3 horas e reforzos de París e Dijon para "calmar" a prisión. Trasladouse a 20 persoas para intentar evitar que o movemento se retome.
Xoves, no CIE de Mesnil Amelot (departamento de Siena e Marne) unha intervención á forza da policía provoca a cólera do conxunto de persoas encerradas que se puxeron a berrar e a golpear as reixas, ata que unhas reixas do CIE 2 cederon. Os polis despregáronse en número, armados con lacrimóxenos e porras. A mediodía, o inicio de lume en dúas celas simultáneamente levará maior pánico ao bando da poli. Unha persoa pasou a disposición xudicial no tribunal correccional o martes 27 de agosto.
Ese mesmo día, no cárcere de Bois d'Arcy (departamento de Yvelines), foron 22 os presos que se rebelaron e rexeitaron subir do patio.
Para recordar, o primeiro de agosto no centro de detención de Bourg en Bresse (departamento de Ain) tivo lugar un motín duns 30 presos. Conseguiron destruír as luces, as canalizacións de auga e as cámaras de vixilancia de todo un módulo do cárcere.
Poñémonos a soñar... e se, como en Blois, algúns cárceres e CIE estivesen o suficientemente esnaquizadas como para trasladar o conxunto dos presos...?
Mentres tanto, esperamos que os traslados desen a ocasión de transmitir as noticias de cárcere a cárcere, que este non sexa máis que o principio dunha longa serie de rebelións, e que fóra encontrarán eco a través de accións de solidariedade e da ampla difusión das informacións.
Un gran saúdo, forza e coraxe ás persoas que participaron nestes motíns.
Lume a todas as prisións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario