Envianos un compa un correo no que nos conta que: "parece que o xuizo aos "tartalaris" vai ser inminente, asín que vos pido que movades este manifesto entre amizades, coñecidos, simpatizantes...", e imos pois darlle publicidade (unha vez traducido):
A Audiencia Nacional fixa o xuízo para o 18 de novembro con demandas de 5 a 9 anos de prisión
O 27 de outubro de 2011, tres persoas "entartaron" á presidenta de Navarra, Yolanda Barcina, no transcurso dunha sesión plenaria da Comunidade de Traballo dos Pireneos, na cidade de Toulouse. Durante uns instantes, a cara de Barcina estivo cuberta de doce merengue. A acción de protesta realizada polo movemento de desobediencia ao TAV Mugitu! tiña como obxectivo denunciar a Yolanda Barcina como principal responsable presente naquela reunión da imposición do Tren de Alta Velocidade en Euskal Herria, que dende as súas orixes suscitou unha ampla oposición. En Toulouse, a acción non foi causa de ningunha detención nin identificación, limitándose os gardas de seguridade a expulsar os "tartalaris" da sala. Non obstante, de regreso a Navarra, os autores dos tartazos foron detidos pola policía foral e imputados por un suposto delito de "atentado á autoridade" na Audiencia Nacional española, tribunal de excepción que se arrogou o dereito de xulgalos. Ademais, unha cuarta persoa tamén foi posteriormente imputada baixo a mesma acusación pola súa participación na acción de protesta de Toulouse e na rolda de prensa realizada ao día seguinte en Iruñea para explicar os motivos da acción. Actualmente, a Audiencia Nacional fixou para o próximo 18 de novembro a celebración do xuízo, con demandas de penas de 5 a 9 anos de prisión.
O Tren de Alta Velocidade é un proxecto ecoloxicamente desvastador e economicamente ruinoso. Gran malgastador de enerxía, destrutor do ámbito, ruidoso, o TAV acrescenta a centralización do territorio nas grandes urbes en detrimento das vilas pequenas e cidades medianas, fomenta a hipermovilidade e é elitista: a maior parte dos cidadáns utilízano moi pouco ou nunca, e só unha minoría sérvese del con certa frecuencia. Enriba, as grandes obras como o TAV supoñen un enorme dispendio de recursos públicos e son un dos motivos dos fortes recortes sociais que padecemos.
Por se fose pouco, a clase dirixente ocultou a sabendas durante os últimos vinte e cinco anos o custo social, económico e ecolóxico do proxecto; dedicouse a mentir sobre as súas supostas bondades e insultou, cando non criminalizou, a oposición ao TAV alí onde esta se manifestou, mentres que en moitos casos se enriqueceu fraudulentamente como o demostran os papeis de Bárcenas. Yolanda Barcina representa á perfección esta actitude de prepotencia e engano permanente.
Así pois, consideramos que accións populares como o "entartado" de dirixentes que, como Yolanda Barcina, son responsables de ter imposto o TAV ocultando os seus efectos nocivos, así como de ter mentido sobre o seu verdadeiro impacto económico e social, son perfectamente lexítimas e comprensibles como forma de protesta xusta contra o TAV. En cambio, denunciamos que a gravidade e a absoluta desproporción das penas de 5 a 9 anos de prisión solicitadas contra estas catro persoas non teñen parangón en ningún país occidental, posto que accións similares de lanzamento de tortas ás autoridades son consideradas infraccións menores e apenas adoitan ter consecuencias legais. Todo iso contrasta vergonzosamente coa "magnanimidade" que mostra a Xustiza cos políticos embusteiros e corruptos, absolvidos na maioría dos casos.
Por todo iso, esiximos a paralización das obras do TAV e o arquivo do proceso incoado na Audiencia Nacional contra estas catro persoas polas tortas que adozaron o rostro de Barcina. Ademais, este é un asunto que debese xulgarse en todo caso en Toulouse, lugar dos feitos. Podemos sen dúbida afirmar que este proceso reúne todos os elementos propios da "inxustiza penal", como son a utilización de tribunais de excepción como a Audiencia Nacional para reprimir a disidencia social e a aplicación de códigos penais cada vez máis represivos para criminalizar a desobediencia civil. E queremos que o final deste proceso sirva de toma de conciencia respecto ao innecesario e daniño do TAV, e doutras infraestruturas igualmente megalómanas e destrutoras.
Non ao Tren de Alta Velocidade
Fin do proceso contra os catro tartalaris
A desobediencia non é delito
....................................
Este é o Manifesto, mais alén, no correio, tambén convidan a difundilo no voso ámbito e comunicar o voso apoio á dirección mugituaht@gmail.com, indicando o nome da asociación ou do individuo.
Convocatorias e mobilizacións:
12 de novembro: Xornada descentralizada de accións e concentracións de solidariedade
16 de novembro: Manifestación contra o TAV e de apoio aos "tartalaris" en Iruñea (Pamplona).
18 de novembro: Xuízo e concentración na Audiencia Nacional (sala de San Fernando de Henares, Madrid).
Apoio económico:
3035.0068.08.0680058591 (Laboral Kutxa)
Campaña de solidariedade:
Chamamos a poboación a participar na campaña de apoio do xeito que crea máis conveniente: tomando parte nas dinámicas propostas; escribindo aos medios de comunicación; organizando charlas cos "tartalaris"; promovendo iniciativas de apoio económico (concertos, sorteos...); adheríndose individual e colectivamente ao manifesto de solidariedade; apoiando economicamente; etc...
Contacto:
mugituaht@gmail.com
Tlfno: (0034)654480589
Máis información:
www.tavtazo.org
http://mugitu.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario