Facemonos eco desta convocatoria que recibimos na nosa caixa de correos dxs compas de GAS - Grupo de Axitacion Social de Vigo, ao respeito da participación do Espazo Aberto Antimilitar na III Edición do Festival de curtas Curtopía:
Estaremos o domingo 29 a partires das 13h00 para proxectar cinco curtas: Discurso veterano de guerra (5’); Are yu a patriot? (3’); Acción 2013 contra Xunta Accionistas BBVA (2’); Acción 2012 contra Xunta Accionistas BBVA (3’) e Nato Game Over (1’).
A través desta breve mostra poderemos achegarnos á realidade das guerras e reflexionar sobre os papeis dos diferentes axentes implicados nelas e as súas motivacións, deixando un espazo para aproximarnos ás loitas antimilitaristas tan necesarias hoxe como antano.
Podedes ver a programación e toda a información do festival máis abaixo (en "Leer mas") e na súa web, haberá tamén Djs, concertos... todos os datos en: curtopia.es
Esta fin de semana (28-29 de setembro) celebrarase a III Edición do Festival de curtas Curtopía. Por segundo ano consecutivo o festival realizarase nas instalacións do Alg-a Lab na parroquia de Valadares (Vigo) onde ademais das curtas tamén se poderán visitar instalacións artísticas, participar en intervencións sonoro-poéticas e escoitar/bailar concertos (programación completa en axunto). Vamos, festa asegurada!
As mostras de curtametraxes comezarán o sábado ás 12:00 e rematarán o domingo ás 19:00. Son un total de 12 mostras organizadas por diferentes colectivos que nos levarán dende temas tan lonxanos como o conflicto do sáhara ata outros da casa como o que acontece en Porto Cabral, pasando por temáticas como a etnografía, o traballo, as migracións, o antimilitarismo ou a interferencia rural-urbano.
Paralelamente e de xeito permanente contaremos coa instalación GOVI: á busca da balea, organizada por Tankolectif. Esta instalación defínese como: "...GOVI, a balea que ten entrado na ría de Vigo para seguir a vida como alimento das diferentes fábricas, asteleiros ou factorías en letargo, alimento que as enche de folgos para retomar ás súas actividades ou outras diferentes que axudan a fundir as arelas e necesidades dos habitantes, xerando así un proceso transformador da vida na ría e dos que a habitan…"
O sábado ao mediodía acompañará o xantar o grupo Dr. Swinglove e pola noite poderemos desfrutar da música de Spooky Prom Monsters, Ké Percusion e Furancho Electrónico Alg-a Lab.
Moitas máis cousas irán acontecendo durante o festival, pero só as poderás ver se te achegas e participas!
Para chegar ao festival podes coller o Vitrasa C7(Parada Baile Vello). Máis info na páxina de Alg-a
Vémonos en Curtopía!
PD.- A organización montará unha barra con comida e bebida que servirá para financiar os gastos do festival
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario