18 sept 2013

Escrache a Garzón na Argentina

Numerosos militantes do Capítulo Arxentino da organización Euskal Herriaren Lagunak (EHL) (Amig@s do Pobo Vasco) impediron que o ex xuíz español Baltasar Garzón falase nun acto convocado polo decano da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires, Héctor Trinchero e que contou coa presenza do deputado nacional Remo Carlotto e do filósofo Ernesto Laclau. O tema da convocatoria era o de "Dereitos Humanos e procesos de emancipación" e íase celebrar nunha xornada en lembranza da masacre de "La Noche de los Lápices", ocorrida en setembro de 1976, cando 340 estudiantes de secundaria (de entre 16 e 18 anos) de todo o país foran arrincadxs das suas moradas para ser torturadxs ( a maioria continúan hoxe, 37 anos despois, desaparecidxs).

Dende pouco antes de comezar a actividade, programada no Auditorio da Facultade e á que concorreu numeroso público, os integrantes da organización solidaria co pobo vasco se repartiron entre os asistentes esperando o momento da entrada de Garzón. O ex xuíz advertido de que se preparaba un escrache contra el optou por non asistir.



Foi entón que dende distintos ángulos do Auditorio se despregaron numerosas bandeiras vascas e pancartas esixindo a liberdade dos presos e presas vascas, mentres un integrante de EHL, micrófono en man, sinalaba que "como antigo militante de Montoneros e ex prisioneiro político me parece realmente inxurioso para os dereitos humanos que un día como hoxe, que recordamos o masacre da noite dos lapis, en que foron asasinados numerosos estudantes durante a ditadura militar, invítese a esta Facultade a un represor do pobo vasco, un home repudiado por consentir as torturas de centos de militantes. Non o imos tolerar e como din nosos panfletos: Como aos nazis lle vai pasar, onde vaia irémolo a buscar", rematou entre aplausos.

Esa consigna, xunto con berros de "Garzón represor" foi repetida varias veces polos militantes de EHL, mentres se repartían panfletos denunciando quen era realmente o convidado que optou finalmente por non asistir ao encontro. (ver texto completo do panfleto en galego ao final da notícia, e en orixinal neste enlace).

Deseguida, mentres o decano Trinchero sinalaba que "temos visións diferentes pero todos podemos opinar, xa que aquí viñemos a falar de dereitos humanos", outro integrante de Amig@s do Pobo Vasco, sinalou ao público asistente e aos compoñentes da mesa que "os que viñemos aquí a denunciar quen é en realidade Garzón, somos todos militantes populares, moitos de nós pasamos pola tortura e parécenos de moi mal gusto que se siga a darselle cabida a un sinistro personaxe como Garzón, xa que polo seu xulgado, a Audiencia Nacional franquista, desfilaron centos de mozos que como nosos 30 mil irmáns desaparecidos, foron brutalmente torturados e o señor Garzón sempre o consentiu. Máis aínda, multiplicou as detencións e as penas contra os militantes vascos e cataláns que loitan pola súa independencia do reino fascista de España".

Outro mozo de EHL, nacido en España e fillo dun exiliado arxentino, logrou ser escoitado en silencio ao evocar as vellas solidariedades de moitos habitantes do pobo español e das súas organizacións populares, cando se recibiu e apoiou os exiliados arxentinos: "En nome desa memoria, resúltanos nefasto que neste país que é vangarda na loita polos dereitos humanos se lle de acubillo a un xuíz represor como Garzón, que fixo da persecución implacable aos militantes vascos case unha forma de vida. Pedímoslles que reflexionen e que non sigan protexendo a un personaxe tan repudiable".

Deste xeito, coas estrofas do popular "como aos nazis te vai pasar... " repetidas por parte dxs asistentes, deuse por finalizado o escrache, que causou numerosos comentarios favorables entre a comunidade estudantil da Facultade.

.....................................
Panfleto repartido:

Compañeiros/ás: Este personaxe que vostedes homenaxean non é o que parece. Ten dúas caras. Contámoslles:

a)Baltazar Garzón validou co seu accionar todo tipo de atropelos en contra de militantes vasc@s, cataláns, galegos e ata árabes que residían en España. Todos eles pasaron polo Tribunal de Excepción franquista que Garzón presidía (a Audiencia Nacional) e dende o que facilitou condenas de ata 30 anos de cárcere a patriotas independentistas. Pero o que é peor, habilitou a impunidade para torturar ao non aceptar xamais as denuncias formuladas polos detidos, algúns deles martirizad@s, violad@s, golpead@s polos esbirros policiais españois, de xeito similar ao que aquí acontecía na ESMA ou noutros campos de exterminio.

b) Garzón, coa súa doutrina de permitir alongar os tempos de incomunicación ata 5 días os detidos, facilitou que os represores se asañasen co prisioneiro ata obter "confesións" a forza de picana, bañeira ou colgar os seus corpos encadeados boca abaixo.

c) Coa escusa de que todo militante independentista era de ETA, enviou a prisión centenares de vasc@s e cataláns. 150 deles e elas denunciaron torturas e Garzón non investigou ningunha.

d) Garzón tamén ilegalizarou numerosas organizacións políticas e culturais, pero non contento con iso, emprendeuna coa liberdade de opinión e mandou a clausurar dous diarios, dúas revistas e unha radio, facendo deter varios dos seus xornalistas.

e) Ademais, o ex xuíz que se presenta como abandeirado da loita xudicial anti franquista, invalidou dende o seu cargo o sumario de 152.237 vítimas identificadas do franquismo, presentado por diversas organismos de dereitos humanos de España. (ver http://www.forumperlamemoria.org/?La-paradoja-de-Garzon)

f) Garzón é un grande amigo da oposición ao chavismo. El en persoa estivo en Venezuela cando Hugo Chávez non lle renovou a licenza á canle golpista RCTV e apoiou explicitamente os escuálidos. Nese tempo, o ex vicepresidente e actual alcalde de Caracas, Jorge Rodríguez, acusouno de ser "un pallaso que veu ao noso país a tratar de darnos leccións de democracia. Ese xuíz pro-imperialista veu para acá pagado e tarifado a dicir o que quere escoitar a oposición venezolana".

Recén, Garzón acaba de prologar o libro "Estado delincuente", escrito por dous amigos do fascista Capriles, Carlos Tablante e Marcos Tarre.

g) Tamén o ex xuíz asesorou o ex presidente colombiano Alvaro Uribe Vélez e hoxe faino co presidente Santos. Sobre a súa relación co primeiro, abonda ler o que declararon en febreiro deste ano numerosas comunidades indíxenas do Cauca: "Dóenos que fose Baltasar Garzón quen avalase nun primeiro momento o proceso de reenxeñería paramilitar, chamado desmobilización, pola seguridade democrática de Álvaro Uribe Vélez, afirmando que era un modelo de xustiza". (ver declaración completa en: http://www.derechos.org/nizkor/colombia/doc/bgarzon1.html=)

GARZÓN, COMO "CLARÍN": MINTE. Sobre o seu pasado sempre ligado ao poder (ata que lles deixou de ser útil), e sobre un presente de "defensor de dereitos humanos", cando leva nos seus oídos os berros de dor e terror das rapazas e rapaces que foron torturados pola policía á que o ex xuíz creu, amparou e defendeu.

Por iso dicimos: GARZON NON É TRIGO LIMPO e denunciámolo como o tivesen feito nosos 30 mil irmáns desaparecidos e asasinados.

EUSKAL HERRIAREN LAGUNAK (Capítulo Argentina) - Amig@s do Pobo Vasco

Amigos e Amigas do Pobo Vasco na Argentina

No hay comentarios:

Publicar un comentario