A segunda movilización contra a apertura dunha sede do partido fascista Democracia Nacional en León, congregou arredor duns 200 antifascistas o pasado 21 de Septembro ás 18:00h. A manifestación partiu dende a Praza de Botines acompañada de consignas e cánticos antifascistas, para concluír no Nº6 da Avenida San Marcos, onde se realizaba a inauguración do local fascista, protexido por dous cordóns da Policía Nacional que impediron en todo momento o achegamento ás súas portas.
Tras varias identificacións e cacheos a manifestación rematou arredor das 20:00h coa lectura dun comunicado dirixido á cidadnía leonesa.
Cabe destacar a total protección e amparo por parte da policía a este grupo fascista (algo que era de agardar) prestando vixiancia continua (día e noite dende que comezaron as movilizacions antifas o pasado mércores) ao seu local, ademais das continuas identificacións e rexistros durante o transcurso das manifestacións.
Informa Chimo, corresponsal en León
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario